Psittacoidea

superfamilia de aves

Os Psittacoidea (psitacoideos) son a maior superfamilia dos Psittaciformes, que comprende os papagaios "verdadeiros" ou típicos, unhas 350 especies de aves xeralmente de plumaxe rechamante e case todas voadoras (cunhas poucas notables excepcións: 4 especies viven no chan, tres no xénero Pezoporus e o Cyanoramphus unicolor) peteiros ganchudos, principalmente herbívoras. É unha das tres superfamilias dos Psittaciformes, as outras dúas son a dos Cacatuoidea (cacatúas) e os Strigopoidea (papagaios de Nova Zelandia). Os Psittacoidea están moi espallados, con especies en México, América Central, América do Sur, África subsahariana, a India, sueste asiático, Australia, e desde alí cara ao leste polas illas do Pacífico ata a Polinesia. Entre eles están a maioría dos papagaios que nos son máis familiares, como guacamaios, cotorras, Lorini, Eclectus, Amazona, Psittacus erithacus e Melopsittacus undulatus.

Taxonomía editar

Psittaciformes
    
Psittacoidea
Psittaculidae

Agapornithinae

Loriinae

Platycercinae

Psittacellinae

Psittaculinae

Psittrichasiidae

Psittrichasinae

Coracopsinae

    
Psittacidae       

Arinae

Psittacinae

Cacatuoidea

Strigopoidea

Filoxenia e relacións dos Psittacoidea[1]

Nas clasificacións tradicionais, a familia Psittacidae (que nelas, xunto coa Cacatuidae formaba a orde Psittaciformes) considerábase que contiña dúas subfamilias, a Psittacinae e a Loriinae.[2] Porén, a árbore das familias de papagaios foi agora reorganizada, situándoa dentro da superfamilia Psittacoidea, e dividindo a familia Psittacidae en tres familias, á vez que as tribos Strigopini e Nestorini foron pasadas á superfamilia Strigopoidea (papagaios de Nova Zelandia), e creouse tamén unha nova superfamilia monotípica, a dos Cacatuoidea, que contén a familia Cacatuidae.[1]

A seguinte clasificación está baseada nas propostas máis recentes, que á súa vez están baseadas en todos os descubrimentos recentes relevantes.[1][3][4][5][6][7][8]

Familia Psittacidae, papagaios do Novo Mundo e de África

  • Subfamilia Psittacinae: dous xéneros africanos, Psittacus e Poicephalus
  • Subfamilia Arinae, neotropicais
    • Tribo Arini: 17 xéneros e un xénero extinto
    • Tribo Androglossini: 7 xéneros
    • clado (tribo proposta dos Amoropsittacini) catro xéneros
    • clado (tribo proposta dos Forpini) un xénero
    • (outras tribos) 5 xéneros

Familia Psittrichasiidae, papagaios de illas do océano Índico

Familia Psittaculidae, papagaios de Asia e Australasia

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Joseph, Leo; Toon, Alicia; Schirtzinger, Erin E.; Wright, Timothy F.; Schodde, Richard (2012). "A revised nomenclature and classification for family-group taxa of parrots (Psittaciformes)". Zootaxa 3205: 26–40. doi:10.11646/zootaxa.3205.1.2. 
  2. del Hoyo (1997). Handbook of Birds of the World, Vol.4. Lynx Editions. p. 281. 
  3. Nicole E. White; Matthew J. Phillips; M. Thomas P. Gilbert; Alonzo Alfaro-Núñez; Eske Willerslev; Peter R. Mawson; Peter B.S. Spencer; Michael Bunce (2011). "The evolutionary history of cockatoos (Aves: Psittaciformes: Cacatuidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 59 (3): 615–622. PMID 21419232. doi:10.1016/j.ympev.2011.03.011. 
  4. Manuel Schweizer, Ole Seehausen & Stefan T. Hertwig (2011). "Macroevolutionary patterns in the diversification of parrots: effects of climate change, geological events and key innovations". Journal of Biogeography 38 (11): 2176–2194. doi:10.1111/j.1365-2699.2011.02555.x. 
  5. Leo Joseph; Alicia Toon; Erin E. Schirtzinger; Timothy F. Wright (2011). "Molecular systematics of two enigmatic genera Psittacella and Pezoporus illuminate the ecological radiation of Australo-Papuan parrots (Aves: Psittaciformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 59 (3): 675–684. PMID 21453777. doi:10.1016/j.ympev.2011.03.017. 
  6. Wright, T.F.; Schirtzinger E. E.; Matsumoto T.; Eberhard J. R.; Graves G. R.; Sanchez J. J.; Capelli S.; Muller H.; Scharpegge J.; Chambers G. K.; Fleischer R. C. (2008). "A Multilocus Molecular Phylogeny of the Parrots (Psittaciformes): Support for a Gondwanan Origin during the Cretaceous". Mol Biol Evol 25 (10): 2141–2156. PMC 2727385. PMID 18653733. doi:10.1093/molbev/msn160. 
  7. Schweizer, M.; Seehausen O; Güntert M; Hertwig ST (2009). "The evolutionary diversification of parrots supports a taxon pulse model with multiple trans-oceanic dispersal events and local radiations". Molecular Phylogenetics and Evolution 54 (3): 984–94. PMID 19699808. doi:10.1016/j.ympev.2009.08.021. 
  8. de Kloet, RS; de Kloet SR (2005). "The evolution of the spindlin gene in birds: Sequence analysis of an intron of the spindlin W and Z gene reveals four major divisions of the Psittaciformes". Molecular Phylogenetics and Evolution 36 (3): 706–721. PMID 16099384. doi:10.1016/j.ympev.2005.03.013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar