Gryphaea
Gryphaea Rango fósil: Xurásico ― Eoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuncha de Gryphaea arcuata, fósil do xurásico | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 † | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Gryphaea é un xénero de moluscos mariños fósiles da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos ostreoides, que é o tipo da familia dos grifeidos.[1]
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente váliddo, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:
- Gryphaea (Africogryphaea) , 1965 † (representación alternativa)
- Gryphaea (Bilobissa) , 1971 † (representación alternativa)
- Gryphaea (Gryphaea) Lamarck, 1801 † (representación alternativa)
- Liogryphaea Fischer, 1886 †
Especies
editarNo xénero recoñécense na actualidade as seguintes tres especies:[1]
- Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 †
- Gryphaea bilobata J. de C. Sowerby, 1840 †
- Gryphaea costellata (Douvillé, 1816) †
Características
editarEstas especies, que habitaron entre os períodos Xurásico e Eoceno (entre os 208 e os 36,6 millóns de anos), vivían sobre o solo mariñno, a pouca profundidade, e posibelmente en grandes colonias. Os fósiles de Gryphaea caracterízanse por teren as dúas valvas articuladas e ben diferenciadas: unha valva esaxeradamente curvada, afundida polo seu propio peso na lama mariña, e a outra pequena e plana que tería a función de "tapa". A valva máis grande asentábase sobre o fondo marinño. O animal vivía entre as dúas valvas, como as ostras actuais, a as bandas de crecemento que presentan as dúas valvas son moi características.
Esta forma particular da concha responde á adaptación a un fondo mariño móbil. O rápido crecimiento da valva inferior (esquerda) permitíalle ao animal elevarse sobre as turbulencias do fondo lameiro, e a estabilidade estaba garantida polo grosor desta valva inferior.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gryphaea Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gryphaea |
Bibliografía
editar- Gould, Stephen J. (1980): The Evolution of Gryphaea. Arno Press. ISBN 0-4051-2751-0.
- Douglas S. Jones & Stephen Jay Gould (1999): "Direct measurement of age in fossil Gryphaea: the solution to a classic problem in heterochrony". Paleobiology 25 (2): 158-187.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Devils' Toenails in Warwickshire (en inglés).
- Gryphaea Arquivado 13 de marzo de 2005 en Wayback Machine. (en inglés).