Grifeidos
Gryphaeidae

Rango fósil: TriásicoActualidade [1]

Cunchas de Hyotissa hyotis (Linnaeus, 1758)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Ostreida
Superfamilia: Ostreoidea
Familia: Gryphaeidae
Vyalov, 1936
Subfamilias
Véxase o texto

A dos grifeidos (Gryphaeidae) é unha familia de moluscos mariños da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, unha das dúas integradas na superfamilia dos ostreoides.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A familia foi descrita en 1936 polo xeólogo e paleontólogo ucraíno Oleg Stepánovich Vyálov.[2] no seu traballo:

Vialov, O. (1936): "Sur la classification des huîtres". Comptes Rendus (Doklady) de l'Académie des Sciences de l'URSS. ser. 2 4 (1): 17-20.

Subfamilias

editar

Actulmente a familia só conta cunha subfamilia con especies viventes:[2]

Pero tamén se describiron, por Vialov, dúas extintas:[2]

  • Exogyrinae † , 1936
  • Gryphaeinae † , 1936

Etimoloxía

editar

O nome científico da familia está formado, segundo a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Gryphaea Lamarck, 1801 †,[2] coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

  1. Michael Hautmann; David Ware; Hugo Bucher (2017). "Geologically oldest oysters were epizoans on Early Triassic ammonoids". Journal of Molluscan Studies 83 (3): 253–260. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gryphaeidae Vialov, 1936 no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.