Coordenadas: 39°37′27″N 8°42′17″O / 39.6242, -8.7048

As Grutas da Moeda son covas calcarias que se atopan en São Mamede, na freguesía de São Mamede, no concello de Batalha, no distrito de Leiria, en Portugal.

Interior das grutas da Moeda.

Historia editar

As grutas foron descubertas en 1971 por dous cazadores que andaban na procura dun raposo. A curiosidade levounos a explorar o algar en toda a súa extensión, logo unha sala - a "Sala do Pastor", chea de formacións calcarias. Durante preto de dous meses, os dous homes continuaron a escavar as estreitas fendas que saían da primeira cova, abrindo camiño pouco a pouco ás demais salas e galerías que hoxe se inclúen no percorrido visitable.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar