Abrir o menú principal
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Un grupo ou tipo sanguíneo é unha forma de agrupar certas características do sangue que dependen dos antíxenos presentes na superficie dos glóbulos vermellos e no soro do sangue.

As dúas clasificacións máis importantes para describir grupos sanguíneos en humanos son os antíxenos e o factor Rh. As transfusións de sangue entre grupos incompatibles poden provocar unha reacción inmunolóxica que pode desembocar en hemólise, anemia, insuficiencia renal, shock, ou morte.

Índice

ClasificaciónEditar

Existen varios tipos sanguíneos, segundo a clasificación e mesmo o criterio de fenotipación que se estableza para a marcaxe. Algúns deles son:

  • A reacción inmunitaria máis forte parte do factor Rh, que pode ser positivo ou negativo (Rh+ e Rh-);
  • Outra clasificación habitual é a que divide nos grupos 0 (cero), A, B e AB. En realidade, estes catro fenotipos responden a un nivel de complexidade de primeiro grao, pois hai outras subclasificacións (sobre todo do grupo A: A1, A2 etc.);
  • Existen outras clasificacións: Duffy, Lutheran etc.

Cada sistema sanguíneo ten unhas características determinadas, en particular para a cuestión de compatibilidade nas doazóns. Mentres o factor Rh ou o grupo AB0 poden provocar incompatibilidade materno-fetal por responder a clasificación a parámetros inmunitarios (antíxenos eritrocitarios), outros clasificadores sanguineos indirectos (o sistema secretor) non presentan incompatibilidade en certos casos.

AntropoloxíaEditar

O uso de certos grupos de sangue vense usando dende hai tempo coma marcadores xenéticos para determinar características poboacionais. As anécdotas máis coñecidas son as do traballo de Luigi Luca Cavalli-Sforza, xenetista italiano que asociou a tipoloxía lingüística cos grupos xenéticos nas poboacións, ademais do famoso comentario de Xabier Arzalluz sobre a alta frecuencia do Rh negativo nos vascos (o cal por outro lado está demostrado que é certo, tanto para os poboadores de Euskadi coma tamén para os galegos).

CompatibilidadeEditar

O doante de sangue e o receptor deben ter grupos compatibles. O grupo O- é compatible con todos, polo que quen teña dito grupo díse que é un doante universal. Pola outra banda, unha persoa que teña o grupo AB+ poderá recibir sangue de calquera grupo, e díse del que é un receptor universal.

Táboa de compatibilidadeEditar

A táboa que segue indica as compatibilidades entre grupos sanguíneos. Por exemplo, unha persoa de grupo A- poderá recibir sangue O- ou A- e doar a AB+, AB-, A+ ou A-.

Receptor Doador
O-
O+
B-
B+
A-
A+
AB-
AB+
AB+
X
X
X
X
X
X
X
X
AB-
X
 
X
 
X
 
X
 
A+
X
X
   
X
X
   
A-
X
     
X
     
B+
X
X
X
X
       
B-
X
 
X
         
O+
X
X
           
O-
X
             

FrecuenciaEditar

A distribución dos grupos sanguíneos na poboación humana non é uniforme. O máis común é O+, mentres que o máis infrecuente é AB-. Ademais, hai variacións na distribución nas distintas poboacións humanas.

Tipo Frecuencia
O+ 39%
A+ 33%
B+ 9%
O- 7%
A- 6%
AB+ 3%
B- 2%
AB- 1%