Alcoxilo
(Redirección desde «Grupo alcoxi»)
En química orgánica, un alcoxilo ou grupo alcoxi é un grupo alquilo unido a un átomo de oxíxeno, é dicir, RO-. Onde R é o grupo alquilo.
Propiedades químicas
editarÉ un aceptor electrónico pola alta electronegatividade do oxíxeno, e un dador electrónico polos pares electrónicos solitarios.
Reactividade
editarActúa como nucleófilo poidendo desprazar a outros grupos como, por exemplo, halóxenos.
Nomenclatura
editarEmprégase o nome do radical alquilo (R) engadindo a terminación -oxi. Por exemplo, no CH2=CH-CH2-O- o grupo alquilo sería alilo e, engadindo a terminación -oxi, resulta aliloxi.
Hai casos nos que o nome se acurta, por exemplo:
- Metoxi: CH3-O-
- Fenoxi: C6H5-O-
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Alcoxilo |