Greg Egan

escritor australiano

Greg Egan, nado o 20 de agosto de 1961 en Perth, é un escritor australiano de ficción científica.

Infotaula de personaGreg Egan
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Perth, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPerth Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Australia Occidental - matemáticas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983-presente
Xénero artísticoFicción científica
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Hugo 1999

Páxina webwww.gregegan.net
IMDB: nm8533748 Twitter: gregeganSF Musicbrainz: 9fbb3f81-c22e-4d4e-81ab-79dd28e8d5dd GitHub: nagegerg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Egan publicou o seu primeiro traballo en 1983.[1] Está especializado en historias de ciencia ficción dura con temas matemáticos e de ontoloxía cuántica, incluíndo a natureza da consciencia. Outros temas son a xenética, a realidade simulada, o post-humanismo, a transferencia da mente, a sexualidade, a intelixencia artificial, e a superioridade do naturalismo racional sobre a relixión. É coñecido pola súa tendencia a tratar con materias tecnicamente complexas, como conceptos innovadores en física ou o problema da epistemoloxía, dun xeito directo e desinhibido. É gañador dun premio Hugo (e finalista dos Hugo con outros oito traballos), e tamén gañou un premio John W. Campbell Memorial á mellor novela.[2] Os seus primeiros relatos contiñan profusión de elementos de terror.

Os relatos curtos de Egan teñen sido publicados en varias revistas do xénero, incluíndo publicacións regulares en Interzone e en Asimov's Science Fiction.

Egan é licenciado en matemáticas pola Universidade de Australia Occidental, e actualmente vive en Perth. Recentemente participou en campañas contra a práctica habitual, e sancionada pola lei, da detención automática dos solicitantes de asilo político nas aduanas de Australia.[3] Egan é vexetariano.[4]

Egan nunca asiste ás convencións de ficción científica,[5] non asina libros, e a súa imaxe non aparece en Internet,[6] aínda que en páxinas web adicadas á ficción científica ou no buscador Google [7] se teñan publicado fotos de xente co mesmo nome etiquetadas erroneamente como fotos de Greg Egan.

Egan achega ocasionalmente mensaxes en varios grupos de Usenet, sobre todo científicos e técnicos, usando o seu propio nome. De decembro de 1994 a setembro de 1999 contribuíu regularmente no grupo rec.arts.sf.written, entrando en diálogo cos seus lectores acerca das súas obras e da ficción científica en xeral.

Notas editar

  1. "Bibliography". Gregegan.net. 7 August 2014. Consultado o 23 August 2014. 
  2. Modelo:Sfadb
  3. Egan, Greg (17 February 2005). "Letters from the forgotten - Opinion". www.theage.com.au. Consultado o 23 August 2014. 
  4. Egan, Greg (19 October 2008). "Iran Trip Diary: Part 2, Esfahan". Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  5. Farr, Russell (September 1997). "Interviews". Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  6. "Photos of Greg Egan, science fiction writer". Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  7. Egan, Greg (24 August 2012). "Google, the Stupidity Amplifier". Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014.