Gray Matter foi unha banda estadounidense de post-hardcore procedente de Washington, D.C. activa nos anos 80 e 90. O grupo formouse en 1983 e separouse en 1986, reformándose entre 1990 e 1993.

Gray Matter
OrixeWashington, D.C.,
Período1983 - 1986
1990 - 1993
Xénero(s)post-hardcore, emo, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Dischord Records
Antigos membrosDante Ferrando
Mark Haggerty
John Kirchstein
Steve Niles
Geoff Turner
Na rede
Musicbrainz: c9065214-ba09-4c2c-b341-35713b702264 Songkick: 264421 Discogs: 295884 Allmusic: mn0000662650 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Gray Matter formouse oficialmente no verán de 1983 a partir das cinzas de varios grupos punk da área de Washington, D.C. Geoff Turner, Mark Haggerty e Dante Ferrando estiveran tocando en bandas dende os seus primeiros días no instituto. En 1983, Dante e Mark tocaban en Iron Cross, pero cando a imaxe da banda comezou a reflectir aos seus violentos fans máis que ao propio grupo Dante marchou. Pouco despois Mark tameu deixou a banda e os dous reuníronse con Geoff e con Steve Niles e comezaron a realizar concertos en Washington, D.C. como Gray Matter.

O primeiro álbum da banda, Food For Thought, foi gravado no estudio Inner Ear en novembro de 1984 con Ian MacKaye, de Minor Threat, axudando nas tarefas de produción. O disco foi editado orixinalmente por R&B Records en 1985, mentres os membros do grupo aínda estaban no instituto. En 1986, Dischord Records publicou o EP Take It Back. Pouco despois, Mark deixou a banda para ir á universidade e Gray Matter separouse. Dante tocou a batería en Ignition e Geoff, Steve, e Mark xuntáronse e formaron Three, xunto con Jeff Nelson de Minor Threat. Gray Matter reformouse na primavera de 1990 e lanzou un 7 polgadas dobre en 1991 e o álbum Thog en 1992. A banda separouse oficialmente en 1993.

Dischord orixinalmente reeditou Food For Thought e Take It Back (DIS 49) como un único CD no ano 1990.[1]

O 21 de setembro de 2003 a banda reuniuse para realizar un único concerto como celebración do décimo aniversario do Black Cat, un club en Washington, D.C. do cal é socio o batería Dante Ferrando. Posteriormente Gray Matter tocou no 15, 20 e 25 aniversario do Black Cat.[2]

Membros

editar
  • Geoff Turner - voces e guitarra
  • Steve Niles - baixo e voces
  • Mark Haggerty - guitarra
  • Dante Ferrando - batería

Antes de Gray Matter, Haggerty e Ferrando tocaron na banda skinhead de DC Iron Cross. Niles despis fíxose famoso por exclibir cómics de terror, particularmente por 30 Days of Night. Geoff Turner fundou os estudios de gravación WGNS,[3] e Dante Ferrando é fundador e dono do club octurno de DC Black Cat.[4]

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Food for Thought 1985 R&B Records
Thog 1992 Dischord Records
  1. Washington, Dischord Records 3819 Beecher St NW; U.s.a. 703.351.7507, Dc 20007-1802. "Dischord Records: Gray Matter". Dischord Records. Consultado o 2020-03-30. 
  2. "Black Cat: Show Info". www.blackcatdc.com. Consultado o 2020-03-30. 
  3. "WGNS | w g n s" (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  4. "Black Cat Nightclub: History". www.blackcatdc.com. Consultado o 2020-09-28.