A granadina[1] ou xarope de granadina é unha bebida que se elabora con azucre e granadas, e que non contén alcohol.

Botella e vaso de granadina.

Debido a que a granadina adoita utilizarse en cócteis para adozar e dar cor, moitos cren que se trata dunha bebida alcohólica.

Tamén pode tomarse como refresco, combinándoa con soda ou auga.

A granadina pode utilizarse tamén para darlle sabor a xeados e outras sobremesas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para granadina.