Abrir o menú principal

Pementa da Guinea

especie de planta
(Redirixido desde "Gran do paraíso")

Os chamados grans do paraíso son unha especia do oeste de África obtida da planta Aframomum melegueta. É picante ao padal, con sabor moi similar á pementa negra. Tamén se coñece como pementa da Guinea.

DescriciónEditar

Planta da familia do xenxibre, cunha raíz en forma de rizoma, con talos foliares de non máis de 60 centímetros de lonxitude. As follas son compostas. As flores son violetas e saen directamente da raíz, máis ou menos solitarias. O froito é rubio, con multitude de sementes aromáticas pardas.

Historia e usosEditar

 
Froitos de Aframomum melegueta nun mercado de São João dos Angolares, Illa de São Tomé

A pementa guineana é usada de modo corrente nas cociña da África Occidental e da África do Norte, para onde era exportada polas rotas das caravanas de camelos a través do Deserto do Sáhara, e de alí distribuída para Sicilia e Italia. Mencionada por Plinio o Vello como "pementa africana", foi esquecida en Europa até tornarse substituto da pementa negra en moda nos séculos XIV e XV, sobre todo no norte de Francia, unha das máis populosas rexións europeas da época.

En 1469, Afonso V, Rei de Portugal concedeu o monopolio do comercio do golfo da Guinea ao mercador lisboeta Fernão Gomes,[1] incluíndo a exclusividade do comercio da pementa da Guinea, entón chamada "malagueta" - que lle foi concedido por 100.000 reais anuais- en troco de explorar 100 leguas da costa de África por ano durante cinco anos.[2] A pementa da Guinea era entón moi popular como substituto da valiosa pementa negra asiática.[3]

Cando Cristovo Colón chegou ao Novo Mundo en 1492 e trouxo os primeiros exemplares de Capsicum frutescens, o picante da capsaicina espertou interese nos portugueses que había décadas que buscaban a rara pementa de Asia. O nome malagueta foi entón adoptado para esta nova "pementa".[3]

O Ménagier de Paris recomenda os grans do paraíso para mellorar o viño que "cheira a vello". Pasado algún tempo, o seu uso decaeu, e ficou limitado á aromatización de cervexa e salchichas. No século XVIII a súa importación para a Gran Bretaña caeu debido a unha lei parlamentaria de Xurxo III de prohibir o seu uso no licor de malte, aqua vita e tónicos.[4] A pesar das súas cualidades, hoxe en día é case descoñecida fóra da África Occidental[5] e do Norte, excepto polo seu uso nalgunhas cervexas.

PropiedadesEditar

As sementes teñen moitas aplicacións no campo da medicina tradicional, contra problemas intestinais, arrefriados, dores musculares e de columna, tamén para curar feridas e matar parasitos da cavidade bucal. Posúen efectos afrodisíacos e quitan o sono.[6]

SinonimiaEditar

  • Aframomum grana-paradisi (L.) K.Schum.
  • Aframomum meleguetella K.Schum.
  • Alexis grandiflora (Sm.) Salisb.
  • Alpinia grana-paradisi (L.) Moon
  • Amomum elatum Salisb.
  • Amomum grana-paradisi L.
  • Amomum grandiflorum Sm.
  • Amomum melegueta Roscoe
  • Cardamomum grana-paradisi (L.) Kuntze
  • Cardamomum grandiflorum (Sm.) Kuntze
  • Torymenes officinalis Salisb.

NotasEditar

  1. "O Contrato de Fernão Gomes" (en portugués). Consultado o 29-03-2016. 
  2. Thorn, Rob. "Discoveries After Prince Henry". Consultado o 2006-12-24. 
  3. 3,0 3,1 Daniel F. Austin, "Florida ethnobotany", p. 170, CRC Press, 2004, ISBN 0-8493-2332-0
  4. Peter Kup, A history of Sierra Leone, 1400-1787 (Cambridge University)
  5. E. A. Weiss, "Spice crops", p.187 CABI, 2002, ISBN 0-85199-605-1
  6. Aframomum melegueta en Museo virtual de las Ciencias

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar