Gran Torre Santiago

rañaceos da cidade de Santiago de Chile

A Gran Torre Santiago[1] é un rañaceos de 300 metros de altura que se atopa na cidade de Santiago, en Chile.

Gran Torre Santiago
O edificio no 2018, durante o solpor
Coordenadas33°25′01″S 70°36′24″O / -33.41694444, -70.60666667
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

É parte do complexo Costanera Center, que comprende un centro comercial, dous hoteis e dúas torres de oficinas. Foi deseñada polo arquitecto César Pelli, titular de Pelli Clarke Pelli Architects dos Estados Unidos, quedando o deseño do complexo comercial a cargo de Watt International do Canadá e as oficinas de arquitectos Alemparte Barreda e Asociados de Chile. A enxeñaría estrutural foi desenvolvida pola compañía chilena René Lagos e Asociados Ing. Civiles Ltda. É a primeira edificación chilena en posuír ascensores expresos, que percorren 60 metros en 7 segundos.[2]

Comparación con outras torres

editar

Ten 62 pisos e 300 metros de altura, situándose como a torre máis alta de Iberoamérica, desprazando ás Torres do Parque Central de Caracas como as máis altas de Suramérica e ao Bahia Grand Panama como o edificio máis alto de América Latina. É a cuarta máis alta do hemisferio sur, despois da Torre de Sydney (309 m), a Queensland Number One (323 m), ámbalas dúas de Australia, e a Sky Tower (328 m) de Nova Zelandia.

É unha das megaestructuras do mundo situadas nun sector de alto risco sísmico (xunto ao Titanium La Portada, que está a só metros de distancia, as torres Latinoamericana, Maior, Executiva Pemex, Torre BBVA Bancomer, Torre Reforma e Chapultepec Uno da Cidade de México, o Taipei 101 de Taipei, o U.S. Bank Tower dos Ánxeles, California, e o Tokyo Skytree de Toquio).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar