Gran Deserto de Vitoria
O Gran Deserto de Vitoria (inglés: Great Victoria Desert), é un deserto escasamente poboado que constitúe unha biorrexión intermedia australiana en Australia Occidental e Meridional.
(en) Great Victoria Desert | |||||
Tipo | deserto ecorrexión da WWF bioregion (en) IBRA bioregion (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Vitoria do Reino Unido | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Australia Occidental e Australia Meridional | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 353 m | ||||
Dimensións | 700 () km | ||||
Superficie | 348.750 km² | ||||
Situación e descrición
editarO Gran Deserto de Vitoria é o maior deserto de Australia[1] e está formado por moitos outeiros pequenos, chairas con herba, zonas con superficies de croios e lagos salgados. Mide máis de 700 km de oeste a leste e cobre unha área de 348750 km2 entre a rexión dos Eastern Goldfields en Australia Occidental e os Gawler Ranges en Australia Meridional. A rexión arbustiva de Western Australia Mallee sitúase ao oeste, o Little Sandy Desert ao noroeste o deserto de Gibson e as cordilleiras centrais ao norte, e os desertos de Tirari e Sturt Stony ao leste, mentres que a chaira de Nullarbor polo sur separa o deserto do océano. A media anual de chuvia é baixa e irregular, entre 200 e 250 mm ao ano. As treboadas son relativamente comúns, cunha media de 15 ou 20 ao ano. As temperaturas diúrnas no verán adoitan ser de entre 32 e 40 °C, mentres que en inverno caen a entre 18 a 23 °C.
Poboación
editarA maioría das persoas que habitan a rexión son indíxenas australianos de diferentes grupos, incluídos os kogara, os mirning e os pitjantjatjara. As poboacións aborixes incrementáronse nesta rexións. Mozos indíxenas da rexión do Gran Deserto de Vitoria traballan en programas da Wilurarra Creative para conservar e desenvolver a súa cultura.[2]
A pesar da súa situación illada, o Vitoria é surcado por camiños, como o Connie Sue Highway e o Anne Beadell Highway.
A actividade humana incluíu algo de minaría e probas de armas nucleares.[3]
Historia
editarEn 1875, o explorador británico Ernest Giles foi o primeiro europeo que cruzou o deserto. Nomeouno pola monarca británica reinante nese momento, a raíña Vitoria. En 1891, a expedición de David Lindsey percorreuno de norte a sur. Frank Hann buscou ouro na zona entre 1903 e 1908. Len Beadell explorou a rexión na década de 1960.
Medio natural
editarO Gran Deserto de Vitoria é unha ecorrexión do World Wildlife Fund[4] é unha rexión IBRA co mesmo nome.[5]
Como esta área ten un uso moi limitado para a agricultura, o hábitat permaneceu sen disturbios durante longo tempo, mentres que algunhas partes son zonas protexidas como o Parque de Conversación Mamungari, unha das catorce reservas da biosfera[6] de Australia.
As probas de armas nucleares que realizou o Reino Unido en Maralinga e Emu Field na década de 1950 e primeiros anos sesenta deixaron zonas contaminadas con plutonio-239 e outros materiais radioactivos.
Flora
editarSó as plantas máis resistentes poden sobrevivir en gran parte desta rexión. Entre as cristas de area hai áreas de estepa arbolada consistente en Eucalyptus gongylocarpa, Eucalyptus youngiana e Acacia aneura distribuídos por zonas de spinifex forte, particularmente Triodia basedowii.
Fauna
editarA vida salvaxe adaptada a estas crúas condicións inclúen poucos mamíferos e aves grandes. Non obstante, no deserto viven moitos tipos de lagartos, como o vulnerable Egernia kintorei e o Oxyuranus temporalis (descuberto en 2007), e numerosos marsupais pequenos, como o ameazado Sminthopsis psammophila e o Dasycercus cristicauda. Unha forma de sobrevivir é agocharse entre a area, que é o que fan algúns animais do deserto como o Notoryctes typhlops (toupa marsupial) e a ra Litoria platycephala. As aves inclúen o Aphelocephala pectoralis que se atopa na parte oriental do deserto e o faisán australiano no Parque de Conservación de Mamungari. Entre os depredadores do deserto están o dingo (xa que o deserto está ao norte da Dingo Fence) e dous grandes lagartos monitor, o Varanus giganteus e o Varanus gouldii.
Notas
editar- ↑ Great Victoria Desert – The Largest Desert in Australia. Birgit Bradtke. Consultado o 26 de marzo de 2013.
- ↑ Wilurarra Creative 2011
- ↑ "Southern Australia". World Wildlife Fund. Consultado o 21 de outubro de 2015.
- ↑ Modelo:WWF ecoregion
- ↑ IBRA Version 7 data
- ↑ Australia's Biosphere Reserves. Department of Sustainability, Environment, Water, Populations and Communities. Consultado o 3 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Shephard, Mark (1995). The Great Victoria Desert : north of the Nullarbor, south of the centre. Reed Books. ISBN 978-0-7301-0485-8.
- Joseph, Leo; Greenslade, Penelope; Barley, R. H. (Rachel); Nature Conservation Society of South Australia; Barley, Rachel (1986). The Great Victoria Desert. Nature Conservation Society of South Australia Inc. ISBN 978-0-949751-08-9.
- Peppas, Lynn (2013). The Great Victoria Desert. St. Catharines, Ontario Crabtree Publishing Company. ISBN 978-1-4271-9100-7.
- Friebe, Marlene; Matheson, W. E; South Australia. Department for Environment and Heritage; Friends of the Great Victoria Desert Parks (2006). Shrubs and trees of the Great Victoria Desert. Friends of the Great Victoria Desert Parks with the assistance of the Dept. for Environment and Heritage. ISBN 978-0-646-45948-6.
- Friends of the Great Victoria Desert Parks (S.A.) (2007). Friends of the Great Victoria Desert. The Friends of the Great Victoria Desert Parks. Consultado o 25 de xuño de 2017.