Gran Buraco Azul

buraco mariño da costa de Belize

Coordenadas: 17°18′55″N 87°32′4″O / 17.31528, -87.53444

O Gran Buraco Azul (en inglés: Great Blue Hole) é un xigantesco buraco mariño da costa de Belize. Atópase preto do centro do arrecife Lighthouse, un pequeno atol a 70 km do continente e de Cidade de Belize. O buraco ten unha forma circular, de 318 m de diámetro e 124 m de profundidade.[1] Formouse durante diversos episodios da glaciación cuaternaria cando o nivel do mar era moito menor. As análises das estalactitas atopadas no Gran Buraco Azil amosan que a formación produciuse en varias fases, hai 153 000, 66 000, 60 000 e 15 000 anos. Cando o nivel dos océanos subiu de novo, a cova quedou completamente inundada.[2] O Gran Buraco Azul forma parte da rede de reservas da barreira de coral de Belize, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]

O Gran Buraco Azul, preto da Cidade de Belize, en Belize.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar