Cidade de Belize
A Cidade de Belize é a cidade máis grande de Belize. Ten unha poboación de 67.964 habitantes (80.000 contando os suburbios fronterizos coa cidade). Atópase na boca do río Belize, na cosa do mar Caribe. A cidade é tamén o principal porto do país e seu centro industrial e financeiro.
Cidade de Belize | |||
---|---|---|---|
Belize City | |||
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Distrito | Belize | ||
Xeografía | |||
Altitude | 0 msnm | ||
Superficie | 35.667 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 67,964 | ||
Densidade | 1,900/km2 | ||
Xentilicio | Belizense | ||
Outros datos | |||
Código postal | non hai códigos postais no Belize | ||
Alcalde | Darrell Bradley | ||
http://www.belizecitycouncil.org/ |
A cidade foi derruída en 1961 polo furacán Hattie. Foi capital do estado ata 1970, cando esta mudouse por Belpomán.
HistoriaEditar
A Cidade de Belize (orixinalmente "Pobo de Belize" ou "Belize Town en inglés) foi fundada a mediados do século XVII por piratas e traficantes de escravos británicos. O lugar fora anteriormente unha pequena cidade maia chamada Holzuz, e era chamado polos españois como Puerto Valiz.
Belize era ideal para os británicos como centro da súa colonia, xa que atópabase na costa e na boca de ríos e regos dende onde embarcar a madeira de caoba e pau campeche. A poboación de Belize tamén se converteu no fogar de miles de escravos africanos mercados polos británicos para traballar na industria madeireira. Belize foi o punto de coordinación para a batalla do Illote de San Xurxo no 1798, gañada polos británicos evitando a invasión española da colonia. A cidade tamén foi do fogar dos tribunais locais e dos funcionarios do goberno ata a década de 1970.
Na actualidade é gobernada pola licenciada Matilde Muñoz Valencia quen impulsou o desenvolvemento económica da cidade (pesca e turismo sobre todo) polo que grazas a iso logrou que a cidade comece a ser máis importante e recoñecida a nivel mundial.
Desastres naturaisEditar
Belize mellorou as súas infraestruturas lentamente e foi obxecto de numerosos proxectos. Non obstante, moitas das rúas da época colonial son aínda demasiado estreitas e conxestionadas, a maioría das casas son susceptíbeis de sufrir incendios e danos provocados polos furacáns, polo que a cidade sempre está agardando que suceda algunha catástrofe.
A Cidade de Belize foi devastada por dous furacáns dende 1900: un en 1931 e outro, o furacán Hattie, en 1961. Ademais varias zonas da cidade sufriron incendios: en 1999 un incendio en Albert Street reduciu a cinzas Mikado, e outro en 2004 acabou co edificio Paslow. A cidade viuse afectada por outros incendios que queimaron grandes grupos de casas, aínda que o Departamento de Incendios foi capaz de apagar a maioría de eles. A cidade tamén é susceptíbel de sufrir inundacións na estación chuviosa.
XeografíaEditar
Belize esténdese dende a Milla 8 na autoestrada do Oeste ata a Milla 13 ou Milla 14 da autoestrada do Norte, na ponte sobre o Haulever ou Haulever Bridge.
A cidade divídese en dúas zonas: o lado norte ou Northside, delimitada polo rego de Haulever ou Haulever Creek e chegando cara o leste ata a zona de Fort George; e o lado sur ou Southside, que se estende cara as aforas da cidade e a zona portuaria e inclúe o centro urbano. Politicamente, a cidade divídese en dez distritos electorais.
A zona de Fort George é, talvez, a zona máis colonial da cidade e nela atópanse o Memorial Park, a tumba do barón Bliss ou Baron Bliss Grave e o Museo de Belize.
ClimaEditar
Datos climáticos para Cidade de Belize | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 31 | 31 | 31 | 31 | 30 | 28 | 27 | 29,5 |
Media mínima en °C | 19 | 21 | 22 | 23 | 24 | 24 | 24 | 24 | 23 | 22 | 20 | 20 | 22,2 |
Precipitación media mm | 137 | 61 | 38 | 56 | 109 | 196 | 234 | 263 | 278 | 305 | 90 | 185 | 1 952 |
Fonte: BBC Weather[1] |
Cidades irmandadasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
NotasEditar
- ↑ "Average Conditions: Belize City, Belize". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2006. Consultado o 11 de agosto de 2014.