Graftgold
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Graftgold Creative Software foi unha empresa de software que naceu nos anos 1980, produciu xogos de 8 bits.
Graftgold | |
---|---|
Tipo | negocio |
Data de fundación | 1983 |
Data de disolución | 1998 |
Fundador(es) | Steve Turner |
Sede | Reino Unido |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.graftgold.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A era Hewson
editarGraftgold creouse en 1983 cando Steve Turner decidiu renunciar ao seu traballo formal de programador e concentrarse en crear videoxogos. Cando se deu conta de que a tarefa era demasiado grande para unha soa persoa contratou ao seu amigo Andrew Braybrook para traballar con el. Despois dunha breve tempada desenvolvendo xogos para a plataforma Dragon, dirixiu os seus esforzos cara ao mercado máis lucrativo do Commodore 64 e do ZX Spectrum.
O pronto éxito de Grafgold debeuse en boa medida á súa asociación con Hewson Consultants. Creada por Andrew Hewson a principios dos oitenta, Hewson Consultants converteuse nun dos meirandes e máis exitosos editores de xogos no Reino Unido. Mientras moitos editores de entón se apoiaban noutras grandes compañías para manufacturar os seus produtos, Andrew Hewson tiña a súa propia planta para a duplicación de casetes, o que lle dou moita flexibilidade para responder ás tendencias do mercado. Finalmente, Hewson foi comprada no ano 1991 por 21st Century Entertainment , pero deixou un legado que inclúe unha boa parte de videoxogos clásicos de 8 e 16 bits. Moitos dos xogos máis famosos de Graftgold foron publicados por Hewson, entre os que están Paradroid, Stormlord, Uridium, Quazatron e Ranarama.
A era Telecomsoft
editarCara finais da década de 1980, Hewson Consultants estaba sufrindo dificultades financeiras. Dous dos seus programadores, Dominic Robinson e John Cumming, deixaron a compañía e uníronse a Graftgold. Steve Turner decidiu que o mellor para Graftgold sería buscar outro editor, entón separaronse de Hewson e asinaron con Telecomsoft, a división de software de British Telecom.
Hewson no se conformou coa marcha do seu mellor aliado, sobre todo porque Graftgold debía entregar dous títulos moi esperados no mercado: Magnetron (de Steve Turner, para ZX Spectrum) e Morpheus (por Andrew Braybrook, para Commodore 64). Graftgold argumentou que debido a que eles xa non tiñan contrato con Hewson, era completamente legal buscar outro editor. Hewson non puido soster nos tribunais a súa posición e chegou a un acrdo extraxudicial con Telecomsoft.
A relación de Graftgold con Telecomsoft foi moi curta, e deu como froito só uns poucos xogos. O máis exitoso desta era foi Rainbow Islands, unha conversión case perfecta do clásico de Taito de 1987, para Spectrum, C64 e Amstrad CPC en 1989. Debido a problemas contractuais, as versións de Amiga e Atari ST do Rainbow Islands foron publicadas por Ocean Software en 1990.