Ocean Software
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Ocean Software foi unha compañía británica de software, un dos meirandes desenvolvedores europeos de software. Fundárona David Ward e Jon Woods a fins de 1983, tiña a súa sede na cidade de Manchester.
Ocean Software | |
---|---|
Tipo | desenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos |
Data de fundación | 1983 |
Data de disolución | 1998 |
Traballos destacados | Hollywood Collection e The Great Escape |
Sede | Manchester |
País | Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarOcean realizou ducias de xogos para unha gran variedade de ordenadores, ZX Spectrum, Commodore 64, Amstrad CPC, Atari ST, Amiga, PC e videoconsolas como NES e SNES. Nos primeiros anos realizou sobre todo versións de xogos de máquinas recreativas para as que non precisaba licenza ao non ser copias exactas. Despois realizou conversións con licenza de xogos de máquinas recreativas de filmes. A fins de 1984 adquiriu a compañía Imagine Software xa que non podían lanzar tantos produtos como demandaba o mercado cunha única empresa. En 1998 Infogrames adquiriu Ocean por 100.000.000 de libras, o último programa en saír co nome de Ocean foi GT 64: Championship Edition para Nintendo 64
Videoxogos
editar- The Chinese Juggler, 1984
- Hunchback, 1984, foi o primeiro arcade de salón en ser convertido ó ordenador baixo licenza
- Gilligan's Gold, 1984, versión de Bag-Man
- Eskimo Eddie, 1984, versión de Pengo
- Moon Alert, 1984, versión de Moon Patrol
- Daley Thompson's Decathlon, 1984
- Street Hawk, 1986
- Batman the Movie, 1989
- Addams Family, 1992
- Beach Volley, 1992