Nintendo Entertainment System

videoconsola de Nintendo
(Redirección desde «NES»)

A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8 bits de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas, Super Mario Bros). Foi o primeiro grande éxito da consola. A NES foi a primeira consola na que o fabricante optou por permitir o desenvolvemento de xogos por terceiros.

Nintendo Entertainment System

Historia

editar

Aproveitando o éxito das series de xogos arcade no comezo dos 80, Nintendo fixo plans para producir a súa propia videoconsola con cartuchos renovables, unha característica que non estaba incluída nos primeiros produtos da compañía.

A NES foi deseñada por Masayuki Uemura e foi posta á venda no Xapón o 15 de xullo de 1983. A Nintendo Family Computer (Famicom) non tivo moito éxito nun primeiro momento: Durante o seu primeiro ano, foi amplamente criticada alegando que a consola era pouco fiable e moi propensa aos erros de programación e constantes avarías. Non obstante, tras un cambio na placa base, a popularidade da Famicon disparouse converténdose na consola mellor vendida no Xapón cara a finais do 1984. Animados polo seu éxito, Nintendo axiña comezou a mirar cara ao mercado norteamericano.

Nintendo comezou a negociar con Atari para sacar á venda a Famicom baixo a marca de Atari. Esta chamaríase "Nintendo Enhanced Video System." Este acordo rematou finalmente[1], e Atari decidiu centrarse na súa propia consola de nova xeración de 8 bits, a Atari 7800.[2]

A resto da década, Nintendo foi o incontestable líder no mercado de xogo American e Xaponés, e os seus títulos de xogo romperon récords de vendas. Mais, a consola non acadou o mesmo nivel de éxito no resto do mundo occidental. En Europa e Australia, o sistema foi dividido en dúas rexións separadas de mercado (A e B). Mattel tomou a distribución na rexión A, a que consistía no Reino Unido, Australia, e Italia. A distribución na rexión B, consistía no resto do continente Europeo, foi tomado por varias diferentes compañías, con Nintendo responsable da distribución da maioría dos cartuchos.

  1. debido a que Atari pechou as negociacións con Nintendo en resposta á saída por parte de Coleco dunha versión sen licenza do Donkey Kong para o seu sistema Coleco Adam. Aínda que o xogo foi producido sen o permiso nin o soporte de Nintendo, Atari tomou isto coma un sinal de que Nintendo estaba tratando cun dos seus maiores competidores.
  2. "The History of the Nintendo Entertainment System or Famicom". Nintendo Land. Arquivado dende o orixinal (http) o 23 de outubro de 2006. Consultado o 12 de febreiro de 2006. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar