Amiga
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes. Baseado no microprocesador Motorola 68000, o Amiga diferénciase dos seus contemporáneos pola inclusión de hardware personalizado para acelerar os gráficos e o son, incluíndo sprites e un blitter, e un sistema operativo multitarefa preventivo chamado AmigaOS.
O Amiga 1000 foi lanzado en xullo de 1985, pero os problemas de produción impediron que estivese amplamente dispoñible ata principios de 1986. O modelo máis vendido, o Amiga 500 presentouse en 1987 (xunto co Amiga 2000, máis ampliabl). O Amiga 3000 presentouse en 1990, seguido do Amiga 500 Plus e o Amiga 600 en marzo de 1992. Finalmente, o Amiga 1200 e o Amiga 4000 lanzáronse a finais de 1992. A liña Amiga vendeu uns 4,85 millóns de unidades entre finais dos 80 e principios dos 90.[1]
Aínda que os primeiros anuncios presentaban o ordenador como unha máquina empresarial multiúsos, especialmente cando estaba equipado co complemento de compatibilidade Sidecar IBM PC, o Amiga tivo o maior éxito comercial como ordenador doméstico, cunha ampla gama de xogos e software creativo.[2]
Historia
editarO nome en código do que sería o primeiro Amiga 1000 foi «Lorraine»,[3] cun microprocesador Motorola MC68000 a 7.14 MHz, 768Kb de memoria RAM (ampliables a un máximo de 8 Mb) e 256Kb ROM. Unha vez cargado o Kickstar quedaban nuns 256Kb de RAM.
Producido a grande escala por Commodore International como o sucesor de Commodore 64, o primeiro computador Amiga foi o Amiga 1000 (ó A1000), que foi lanzado no ano 1985. O A500 (gama baixa) e A2000 (gama alta) seguíronlle en 1987. O A500 foi o computador Amiga máis popular neses tempos.
A finais da década de 1980 e comezos da década de 1990, a comunidade de usuarios de Amiga contribuíu á subcultura informática coñecida como Demoscene.[4] A Demo Scene vén ser un fenómeno herdado dos tempos do Commodore 64.
Hardware
editarA idea básica coa que foi deseñado o Amiga foi a de facer que cada tarefa (son, gráficos, periféricos etc.) estivese descentralizada, tendo un chip específico para cada unha, cun procesador central, o Motorola 68000, que coordinase a todos estes chips dedicados deseñados especialmente (custom chips, en inglés).
Distinguimos tres familias de computadores Amiga agrupándoos segundo o seu conxunto de chips (chipset):
- OCS: Orixinal Chip Set (chipset antigo);
- ECS: Enhaced Chip Set (chipset mellorado);
- AGA: Advanced Graphic Architecture (arquitectura gráfica avanzada).
Cando apareceu, estaba moitos anos por diante dos demais sistemas, usando ideas como compartición de IRQs, entrada/saída mapeada en memoria, multitarefa real preferente etc. Aínda que algunhas destas técnicas foran inventadas anteriormente, aínda non foran realmente utilizadas na práctica nin nunha computadora popular.
Modelos e variantes
editarModelos de Amiga comercializados
editarChipset Orixinal (OCS) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Modelo | Período | CPU | RAM (base) | Versión XO | Información adicional |
Amiga 1000 | 1985-1987 | 68000 | 256 KB | 1.0 - 1.2 | Posteriormente os A1000 vendéronse con 512KB de memoria |
Amiga 500 | 1987?1990 | 68000 | 512 KB | 1.2 - 1.3 | Primeiro Amiga de «gama-baixa» |
Amiga 2000 | 1987-1992 | 68000 | 1 MB | 1.2 - 1.3 | Primeiro Amiga de sobremesa con slots de expansión |
Amiga 2000HD | 1988-1992 | 68000 | 1 MB | 1.3 | A2000 con disco duro de 40 MB |
Amiga 2500 | 1989-1990 | 680x0 | 3 MB | 1.3 | Incluíndo os modelos A2500/020 ó A2500/030 |
Amiga 2500UX | 1988-1991 | 680x0 | 3 MB | 1.3 | A versión UX usaba UNIX cunha CPU 68020 ó 030 |
Amiga CDTV | 1991?1992 | 68000 | 1 MB | 1.3 | Primeiro computador con CD-ROM incluído |
Chipset Mellorado (ECS) | |||||
Modelo | Período | CPU | RAM (base) | Versión XO | Información adicional |
Amiga 3000 | 1990-1992 | 68030 | 5/6 MB | 1.4 - 2.04 | Primeiro sistema ECS e Amiga VOS 2.0 |
Amiga 3000T | 1990-1992 | 68030 | 5/6 MB | 2.04 | Primeiro Amiga en torre |
Amiga 3000UX | 199?-199? | 68030 | 5 MB | 2.04 | Amiga 3000 baseado en UNIX |
Amiga 2000 rev. C | 1991-1993 | 68000 | 1 MB | 2.04 | Amiga 2000 revisión C actualizado con ECS e VOS 2.04 |
Amiga 1500 | 199?-1993 | 68000 | 1 MB | 2.04 | Designación do A2000 que se comercializou no Reino Unido. 2x FDD |
Amiga 500 | 1991-1992 | 68000 | 1 MB | 2.04 | |
Amiga 600 | 1992 | 68000 | 1 MB | 2.05 - 2.1 | |
Arquitectura Gráfica Avanzada (AGA) | |||||
Modelo | Período | CPU | RAM (base) | Versión XO | Información adicional |
Amiga 1200 | 1992?1994 | 68EC020 | 2 MB | 3.0 | A1200HD dispoñibles con discos duros de entre 2085MB |
Amiga 4000 | 1992?1994 | 680x0 | 6 MB | 3.0 | Dispoñible con CPU 68030 ó 68040, discos duros de entre 120200MB |
Amiga 4000T | 1993?1994 | 68040 | 6 MB | 3.1 | Versión torre do A4000, houbo un A4000T/060 fabricado por ESCOM e con RAM expansible ata 512MB |
Amiga CD32 | 1993?1994 | 68EC020 | 2 MB | 3.1 | Primeira videoconsola da historia con CD e 32 bits. |
Como en determinadas aplicacións (renderizados, grandes iteraciones etc.) a potencia de cálculo quedaba curta, apareceron placas capaces de substituír o procesador orixinal do Amiga por outro máis potente. É o que chamamos cartóns aceleradores. Xurdiron unha gran variedade de fabricantes e modelos abarcando basicamente toda a familia do MC68000 (desde o 68010 ata o 68060, así como os modelos de microprocesadores PowerPC 603 e 604).
Sistema Operativo
editarO sistema operativo, AmigaOS, é sofisticado, combinando un GUI como o Macintosh coa flexibilidade de Unix.
Polo menos os seguintes sistemas operativos están dispoñibles para Amiga ademais do AmigaOS:
- UnixOS: Distribuído cos A2000UX e A3000UX
- AMIX: Viña nunha cinta de streamer e era distribuído cos modelos *UX de Amiga.
- Mach
- Linux
- NetBSD
- OpenBSD
- pOS: Sistema comercial creado por Pios para substituír o AmigaOS. Fracasou estrepitosamente.
- MorphOS: Sistema comercial creado para aproveitar as aceleradoras PPC.
Notas
editar- ↑ Knight, Gareth. "Commodore-Amiga Sales Figures". Amiga history guide. Arquivado dende o orixinal o 2018-09-27. Consultado o 2019-01-20.
- ↑ "Amiga TV Advert (Celebrity)". YouTube. 2007-01-07. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-24. Consultado o 2012-08-24.
- ↑ Gareth Knight. "Amiga Lorraine". Amiga History Guide. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008.
- ↑
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amiga |
Ligazóns externas
editar- Aminet, o almacén de shareware, freeware e dominio público máis grande de Internet para Amiga.
- AROS, Amiga Research Operating System.
- Amiga Future, revista impresa en inglés e alemán
- Recorded Amiga Games Arquivado 04 de xullo de 2008 en Wayback Machine., vídeos de xogos de Amiga.
- FS-UAE, emulador multiplataforma de Amiga baseado no (Win)UAE orixinal
- Fellow, emulador de Amiga só para Windows.