Grímsey
Vista da illa
Cantís de Grímsey
Datos
Capital Grímseyjarhreppur
País Islandia
Localización Océano Ártico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2007) 103 hab.
Superficie 5´3 km²
Densidade 19´4 hab/km²
Coordenadas 66°33′N 18°01′O / 66.550, -18.017
Maior Altura 105 m.
Localización
Localización da illa

Grímsey é unha pequena illa islandesa, situada 40 km ao norte da Islandia, atravesada polo Círculo Polar Ártico, coas cordenadas 66°33'17"N, 018°01'03"O, e cuxo punto máis elevado atópase a unha altitude de 105 metros. A terra máis próxima á illa, é a illa de Flatey, 39´4 km ao sur. Grímsey constitúe un concello (hreppur) e o seu nome administrativo é Grímseyjarhreppur. Pertence ao condado de Eyjafjarðarsýsla.

A súa superficie é de 5´3 km cadrados. É o punto habitado máis setentrional da Islandia, cunha poboación de só 103 habitantes (no 2007). A súa principal industria é a da pesca. A illa está ligada ao resto da Islandia (Dalvík) grazas a un transbordador e dispón dun pequeno aeroporto (código IATA: GRY), servido por voos regulares ata Akureyri.

Ligazóns externas editar