Goyo Revenga

político español

Gregorio Revenga Portela, máis coñecido como Goyo Revenga, nado en Pontevedra en 1961, é un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaGoyo Revenga
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Papeleta de Ciudadanos en Pontevedra nas eleccións locais de 2019.

Traxectoria

editar

Diplomouse en óptica pola Universidade Complutense de Madrid en 1982. Estableceu a súa propia óptica en 1984 na súa localidade natal e dende 1987 colabora tamén co servizo de rehabilitación da ONCE. Militante de Ciudadanos, foi candidato ao Senado nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016. Dende 2017 é coordinador local e provincial do seu partido en Pontevedra. Nas eleccións locais de 2019 foi o candidato á alcaldía de Pontevedra, sendo finalmente concelleiro.[1] Nas eleccións xerais de abril de 2019 e eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Senado. O 7 de febreiro de 2020 o seu partido suspendeuno de militancia por apoiar os orzamentos do goberno local[2] e o 20 de xullo expulsouno definitivamente da formación, así e todo Revenga permaneceu como concelleiro non adscrito.