Gourmandises (en galego: larpeirada) é o álbum debut da artista francesa Alizée, lanzado mundialmente o 13 de marzo de 2001 por Polydor Records. Despois da súa participación no programa Granies de Star, Alizée comezou a traballar no seu novo álbum coa cantante Mylene Farmer e o produtor Laurent Boutonnat musicalmente os seus protectores. O primeiro sinxelo, lanzado o 4 de xullo de 2000 titulouse Moi... Lolita e tivo impacto mundial. Co éxito de Moi...Lolita lanzouse o segundo sinxelo, L'Alizé, que foi número un das listas francesas durante moitas semanas. O álbum finalmente foi lanzado a nivel internacional e obtivo un gran aplauso, aclamación da crítica e un éxito rotundo a nivel mundial. Grazas á boa comercialización, á imaxe da inocente Lolita e ao éxito do álbum, Alizée converteuse nunha obsesión nacional en Francia.

Gourmandises
Álbum de Alizée
GravaciónXuño-setembro de 2000
Estudio(s)Guillaume Tell Studio, París, Illa de Francia
Duración43:10
Xénero(s)World music, Chanson Français Pop, dance-pop, synthpop
Selo(s)Polydor Records, Universal Records
Producido porMylène Farmer & Laurent Boutonnat
Cronoloxía
- Gourmandises Mes courants électriques

Musicalmente, o álbum é unha unión de world music, pop, chanson française e a música dance. Porén, incorpora importantes elementos de música electrónica e melosos sons do pop dentro da súa composición. Ademais, incorpora varios xéneros e subxéneros, como o techno, trip hop, drum and bass, ambient, rock e música clásica. Vocalmente, Alizée cantou con maior amplitude e un ton completo.

Tras a súa publicación, o álbum recibiu eloxios e foi alabado polos críticos como unha obra mestra no repertorio de pop contemporáneo francés. Os avaliadores eloxiaron a nova dirección musical polos seus mentores, a voz dos sinxelos foi tamén eloxiada. A cantante e o seu álbum Gourmandises recibiron o recoñecemento máis importante entregado pola SACEM, o Prix Vincent Scotto, e o World Music Award pola IFPI, o NRJ Award e o M6 Award, entre outros. Foi nomeada nas Victoires de la musique como álbum do ano, artista e outras categorías. Comercialmente, o álbum tamén foi un éxito, chegando á cima das listas no mundo.

Lanzáronse catro sinxelos do álbum, inclusive a nivel mundial, e chegaron a estar entre os cinco primeiros éxitos das listas os temas Moi... Lolita, L'Alizé e Gourmandises. Co fin de apoiar Gourmandises e o seu álbum seguinte, Mes courants electriques, Alizée embarcouse en En Concert Tour no ano 2004. Os críticos e estudosos sinalaron a influencia do álbum na música popular, especialmente a forma en que axudou a traer a música electrónica na cultura pop.

Historia editar

Despois da participación de Alizée no programa Granies de Star no seu encontro con Mylène Farmer e Laurent Boutonnat, foi invitada a gravar un sinxelo con eles e o seu grupo. En palabras de Mylène Farmer: "a pequena corsa pode ser a sucesora da raíña do pop europeo".

Alizée mostrou no estudio un gran talento e unha voz moi fermosa e ese foi o momento do inicio da gravación do seu álbum de debut. En xullo do mesmo ano lanzouse o seu single Moi... Lolita e en pouco tempo foi un éxito total nas principais radios de fala francesa. A corsa converteuse nun fenómeno en toda Francia, que estaba espectante á espera de ver o seu ídolo. En decembro do mesmo ano lanzouse o segundo sinxelo, L'Alizé, que se converteu de igual forma nun éxito; no sinxelo descríbese a orixe do seu nome e o que significa para ela o vento. Para a data de lanzamento oficial do álbum, Moi... Lolita e L'Alizé xa alcanzaran o número un en Francia e noutras listas do mundo, facendo a saída de Gourmandises un éxito mundial. No único país en que non chegou a ser un fenómeno foi nos EEUU; os expertos din que era o momento do fenómeno de Britney Spears, Pink e Christina Aguilera en América. Na data de lanzamento de Gourmandises, a cantante xa fora coroada como a raíña do Europop pola NRJ. Logo, despois de varios meses o álbum seguiu sendo un fenómeno e deuse a coñecer o sinxelo Gourmandises, que non consegiu o mesmo éxito dos dous últimos sinxelos, pero si un bo nivel de vendas e difusión nas radios do mundo. Despois doutros tres meses lanzouse o seu cuarto sinxelo, Parler tout bass, unha balada que mostra a ampla gama vocal da cantante e que se converteu no número un nas emisións de radio románticas. Para finais de ano, Alizée recibiu da M6 un recoñecemento como a revelación francófona do ano, e outro da NRJ, e foi nomeada a Victoires de la musique. O ano seguinte Alizée seguiu sendo un fenómeno, o que lle fixo obter o World Music Award outorgado pola IFPI. Para o ano 2003 Alizée estaba preparando o lanzamento do seu próximo álbum e para entón recibiría un premio moi especial pola SACEM: o recoñecemento máis prestixioso outorgado pola institución, o Prix Vincent Sotto.

Crítica editar

"... Gourmandises, a palabra francesa para os doces (ou larpeiradas), é o título apropiado do álbum debut da princesa do pop francesa Alizée. Igual que unha bóla de anís, a mestura de melodías pop e baladas é agradable e consistente ao longo, pero ao mesmo tempo, non demasiado aventureira. As letras francesas poden agriar o álbum para algúns, pero as melodías pegadizas e as letras das cancións (a pesar de que poden significar pouco para o anglófilo medio) poñen de relevo a linguaxe universal do pop ..."[1]

"... Dezaseis anos de idade, Alizée é a resposta de Francia á raíña adolescente do fenómeno cunha notable excepción: Alizée ten verdadeiro talento..."[2]

Lista de cancións editar

  1. Moi... Lolita
  2. Lui Ou Toi
  3. L'Alizé
  4. J.B.G.
  5. Mon Maquis
  6. Parler Tout Bas
  7. Veni Vedi Vici
  8. Abracadabra
  9. Gourmandises
  10. À Quoi Rêve Une Jeune Fille

Letras, composición e créditos editar

As letras foron escritas por Mylène Farmer coa axuda de Alizée, falando sobre ela, os seus gustos, as súas dúbidas e os seus desexos de vivir. A música fíxoa Laurent Boutonnat.

  • Alizée: voz e coros.
  • Laurent Boutonnat: música.
  • Anne Calvert: coros secundarios.
  • Jerome Devoise: gravación do son.
  • Mylène Farmer: letras e produción.
  • lb: fotografía.
  • Didier Lozahic: mestura de son.
  • Henry Neu: deseño.
  • Bernard Paganotti: baixos.
  • André Perriat: masterización.
  • Slim Pezin: guitarra.
  • Mathieu Rabaté: percusión.

Charts e vendas editar

O álbum, nun mes, xa tiña 300.000 copias vendidas só en Francia. En tres meses xa vendera 700.000 copias en Francia e era disco de ouro en Alemaña, nos Países Baixos e noutros cinco países. Para finais do ano 2001, o álbum vendera máis de 4.250.000 copias.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar