Deus, por que es tan fato!

filme de 2020 dirixido por André Erkau
(Redirección desde «Gott, du kannst ein Arsch sein!»)

Deus, por que es tan fato! (en alemán: Gott, du kannst ein Arsch sein!) é un filme dramático alemán de 2020.[1][2] Baséase na novela homónima de Frank Pape de 2015, na que describiu o destino da súa filla Stefanie Pape. Baséase en feitos reais.[3]

Deus, por que es tan fato!
Ficha técnica
Título orixinalGott, du kannst ein Arsch sein!
DirectorAndré Erkau
ProdutorTommy Wosch
GuiónKatja Kittendorf
Tommy Wosch
MúsicaMichael Regner
FotografíaTorsten Breuer
EstudioUFA Fiction
DistribuidoraADS Service
EstreaAlemaña 1 de outubro de 2020
Galicia 23 de abril de 2024 (TVG)
Duración98 minutos
OrixeAlemaña Alemaña
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt11458628 Allocine: 275198 Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 23 de abril de 2024 a través da TVG.[4]

Sinopse editar

Só uns días despois de graduarse no instituto, Steffi, de 16 anos, descobre que ten un cancro terminal. Os seus pais reaccionan impotentes e prohíbenlle participar na viaxe de graduación a París. Ela escapa co acróbata Steve e conduce con el na furgoneta do seu pai cara á capital francesa. Os pais de Steffi séguena.

Produción editar

Rodouse en Renania do Norte-Westfalia, Baviera e Francia até o mes de outubro de 2019. Estreouse o 1 de outubro de 2020 nos cinemas alemáns.[5] Emitiuse o 20 de xaneiro de 2022 en RTL Television. Chegou a 1,60 millóns de espectadores.[6]

A banda sonora foi composta por Michael Regner.[7]

Notas editar

  1. Kritik zu Gott, du kannst ein Arsch sein, filmstarts.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
  2. Gott, du kannst ein Arsch sein, kino-zeit.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
  3. Gott, du kannst ein Arsch sein, ufa.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
  4. @DobraxeGalega (ed.). "Deus, porque es tan fato! en galego na TVG". Consultado o 24 de abril de 2024. 
  5. Gott, du kannst ein Arsch sein, kino.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
  6. Til Schweiger reißt für RTL keine Bäume aus, quotenmeter.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
  7. Soundtrack aufgerufen am 22. Januar 2022.