Gorka Urtaran

político español

Gorka Urtaran Agirre, nado en Vitoria o 21 de decembro de 1973, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Vitoria.

Gorka Urtaran
Gorka Urtaran

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Javier Maroto

Datos persoais
Nacemento 21 de decembro de 1973 Vitoria, Áraba
Partido Partido Nacionalista Vasco

Na rede
Facebook: gorkaurtaran Twitter: gorka_urtaran Dialnet: 1737183 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Gorka Urtaran naceu en Vitoria o 21 de decembro de 1973. Cursou os seus estudos no colexio San Viator da capital arabesa e licenciouse en socioloxía no ano 1998 pola Universidade do País Vasco.[1] Afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1994 e foi elixido concelleiro en Vitoria no ano 2011, onde é o voceiro do PNV.

Nas eleccións de 2015, foi o candidato da súa formación á alcaldía de Vitoria. Obtivo o terceiro posto, por detrás do Partido Popular e EH Bildu.[2] Logrou o apoio de EH Bildu e o PSE-EE para ser elixido alcalde. Finalmente, foi elixido co apoio de PNV, EH Bildu, Irabazi (coalición de Equo e Ezker Anitza) e Sumando-Hemen Gaude (candidatura apoiada por Podemos).[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Javier Maroto
 
Alcalde de Vitoria

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo