Gorka Santamaría

futbolista español

Gorka Santamaría Nos, nado en Bilbao o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español, que xoga de dianteiro no Nàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF. É irmán dos tamén futbolistas Josu e Ander Santamaría, sendo xemelgo deste último.[1]

Gorka Santamaría
Información persoal
Nome Gorka Santamaría Nos
Nacemento 3 de xullo de 1995
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Gimnàstic de Tarragona
Número 9
Carreira xuvenil
2005–2013 Athletic de Bilbao
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Basconia 64 (31)
2014–2016 Bilbao Athletic 74 (25)
2016–2017 Cádiz 16 (2)
2017–2018 Recreativo de Huelva 31 (5)
2018–2019 Sporting de Gijón B 35 (10)
2019–2022 Badajoz 87 (31)
2022 Deportivo da Coruña 13 (0)
2023 Badajoz 19 (4)
2023– Gimnàstic de Tarragona 9 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ingresou aos 10 anos na canteira do Athletic Club e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2012/13 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do Athletic, e na seguinte campaña foi o máximo goleador do grupo IV da categoría, con 20 tantos.[2] Para a tempada 2014/15 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B,[3] onde militou durante dúas tempadas, tendo como adestrador ao "Cuco" Ziganda. Na primeira delas marcou 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Sabin Merino, e logrou o ascenso á Segunda División.[4] Na tempada 2015/16 marcou 7 goles en 34 partidos da categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo. Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Cádiz,[5] onde dispuxo só de 481 minutos, nos que marcou dous goles.

En 2017 rematou o seu contrato co Athletic e asinou co Recreativo de Huelva, de Segunda B.[6] Disputou un total de 31 partidos co club andaluz, nos que marcou 5 goles. Para a tempada 2018/19 fichou polo Sporting de Gijón B,[7] co que marcou 10 goles en 35 partidos.[8]

En xullo de 2019, fichou polo Badajoz, club no que militou durante os seguintes tres anos.[9] Durante ese período disputou un total de 92 partidos e marcou 31 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do seu grupo da Segunda B en 2021, aínda que non conseguiu o ascenso a Segunda. Na tempada 2021/22 os seus 15 goles colocárono como o terceiro máximo goleador do Grupo I da Primeira División RFEF, só por detrás de Quiles e Héctor Hernández.

En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[10] Con todo,no club galego non conseguiu achegarse aos seus números na campaña pasada e non conseguiu ningún gol nos 14 partidos que disputou, dos que só saíu como titular en tres. O último día de 2022 o club anunciou o despido do xogador.[11]

O 12 de xaneiro de 2023 fíxose público o seu regreso ao Badajoz.[12] Disputou 19 partidos co club estremeño ata o final da tempada, anotando 4 goles, sen poder salvar o equipo do descenso. En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Nàstic de Tarragona.[13]

Notas editar

  1. Beltrán, Javier (6 de decembro de 2018). "Gorka Santamaría: «Villalibre e Iñigo Vicente serán jugadores de Primera División»" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  2. Vivanco, Joseba (5 de decembro de 2014). "Los cachorros enseñan sus garras a los leones" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  3. "El Bilbao Athletic empieza a trabajar con 17 novedades en un grupo de 25 futbolistas" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  4. Rodrigálvarez, Eduardo (28 de xuño de 2015). "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. "Santamaría refuerza la delantera del Cádiz". Marca (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. "El Recreativo ficha al delantero del Athletic Gorka Santamaría". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  7. Cabranes, Ángel (6 de xullo de 2018). "Gorka Santamaría refuerza al Sporting B" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  8. "Gorka Santamaría y Rubén Sánchez no continúan en la disciplina rojiblanca" (en castelán). 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  9. Zubieta, Jon (3 de xullo de 2019). "El exrojiblanco Santamaría ficha por el Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  10. "Gorka Santamaría, primeira fichaxe do Dépor 22-23". 21 de xuño de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  11. "La salida poco amistosa de Gorka Santamaría del Deportivo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  12. "Gorka Santamaría ficha de nuevo por el Badajoz y volverá a Riazor el 25 de febrero" (en castelán). 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  13. Sobrino, Adrián (27 de xuño de 2023). "Gorka Santamaría ficha por el Nástic de Tarragona" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar