Gorizont (significando "horizonte") foi un sistema de satélites de comunicacións civís rusos en órbita xeoestacionaria. O primeiro satélite foi lanzado coa misión exclusiva de dar cobertura aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, aínda que non chegou á órbita xeoestacionaria por un problema do seu foguete lanzador. Lanzáronse un total de 33 satélites Gorizont, dos cales 3 non chegaron a dar servizo.[1][2][1]

Características

editar

Os satélites Gorizont usaban o bus KAUR-3. Tiñan unha masa duns 2300 kg cada un e usaban paneis solares para producir ata 1280 W de potencia. O seu tempo estimado de vida era de 3 anos en órbita e cada un usaba seis transpondedores en banda C e un en banda Ku. Estabilizábanse nos tres eixos e podían transmitir telefonía, telégrafo, fax, televisión e radio. Tamén daban soporte a comunicacións marítimas e internacionais en frecuencias de entre 1,5 e 1,6 GHz. Co tempo o sistema Gorizont integrouse co sistema ruso unificado de satélites de comunicacións YeSSS. Tres dos satélites Gorizont, situados nunha posición orbital asignada a Tonga, foron alquilados pola compañía estadounidense Rimsat para dar servizo á zona, co que Gorizont 17 pasou a denominarse Tongastar 1 e Gorizont 29 e 30 foron logo coñecidos como Rimsat 1 e 2. Estes dous últimos á súa vez ás empresas PASI e AsiaSat e finalmente ambos a LMI. Tódolos Gorizont foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM, Proton K/DM-2 e Proton K/Briz-M.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Gorizont 1 19 de decembro de 1978 Proton K/DM Fallo parcial
Gorizont 2 5 de xullo de 1979 Proton K/DM Éxito
Gorizont 3 28 de decembro de 1979 Proton K/DM Éxito
Gorizont 4 14 de xuño de 1980 Proton K/DM Éxito
Gorizont 5 15 de marzo de 1982 Proton K/DM Éxito
Gorizont 6 20 de outubro de 1982 Proton K/DM Éxito
Gorizont 7 30 de xuño de 1983 Proton K/DM Éxito
Gorizont 8 30 de novembro de 1983 Proton K/DM Éxito
Gorizont 9 22 de abril de 1984 Proton K/DM Éxito
Gorizont 10 1 de agosto de 1984 Proton K/DM Éxito
Gorizont 11 18 de xaneiro de 1985 Proton K/DM Éxito
Gorizont 12 10 de xuño de 1986 Proton K/DM Éxito
Gorizont 13 18 de novembro de 1986 Proton K/DM Éxito
Gorizont 14 11 de maio de 1987 Proton K/DM Éxito
Gorizont 15 18 de xaneiro de 1988 Proton K/DM-2 Fallo
Gorizont 15 31 de marzo de 1988 Proton K/DM Éxito
Gorizont 16 18 de agosto de 1988 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 17 (Tongastar 1) 26 de xaneiro de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 18 5 de xullo de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 19 28 de setembro de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 20 20 de xuño de 1990 Proton K/DM Éxito
Gorizont 21 3 de novembro de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 22 23 de novembro de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 23 1 de xullo de 1991 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 24 23 de outubro de 1991 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 25 2 de abril de 1992 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 26 14 de xullo de 1992 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 27 27 de novembro de 1992 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 28 27 de maio de 1993 Proton K/DM-2 Fallo
Gorizont 28 28 de outubro de 1993 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 29 (Rimsat 1, PASI 1, LMI-AP 1) 18 de novembro de 1993 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 30 (Rimsat 2, AsiaSat G, LMI-AP 2) 20 de maio de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 31 25 de xaneiro de 1996 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 32 25 de maio de 1996 Proton K/DM-2 Éxito
Gorizont 33 6 de xuño de 2000 Proton-K Briz-M Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Gorizont" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gorizont 1 - 33 (11F662) / Tongastar 1 / Rimsat 1, 2 / PASI 1 / AsiaSat G / LMI-AP 1, 2" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar