Gonzalo Sánchez-Taíz

Gonzálo Sánchez-Taíz García-Camba, nado en Monforte de Lemos e finado en Madrid o 6 de xullo de 1967[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria editar

Fillo de Gonzalo Sánchez Taíz e Milagros García Camba. Avogado en Monforte de Lemos. Foi membro da Irmandade da Fala de Monforte e asinou o manifesto da Asemblea de Lugo. Fundou e dirixiu o periódico Alborada e colaborou en Galicia. Diario de Vigo e El Pueblo Gallego.

Vida persoal editar

Casou con María Teresa Lázaro González.

Notas editar