Gonzalo Canedo
editor galego
Gonzalo Canedo Ríos, nado no Campo da Feira (Cerceda) en 1955 e finado en Barcelona o 14 de xaneiro de 2013, foi un editor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 ![]() Cerceda, España ![]() |
Morte | 14 de xaneiro de 2013 ![]() Barcelona, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | editor ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Traxectoria
editarNado nunha familia de doce irmáns, aos cinco anos trasladouse a vivir coa familia á Coruña. Con 18 anos comezou a traballar no sector editorial, primeiro como comercial de Círculo de Lectores e logo dirixindo proxectos en distintas casas de publicación de España. Chegou a ser director comercial do grupo Bertlesmann en España. En 1992 trasládase a vivir a Barcelona.
En 2009 funda Libros del silencio, coa que publicou novela e ensaio. Entre os seus libros estivo Elisa y Marcela, de Narciso de Gabriel.
Vida persoal
editarFoi o home do actor e dramaturgo catalán Lluís Pasqual. Faleceu como consecuencia dun linfoma[1].