Goliath Tabuni

guerrilleiro independentista de Papúa Occidental

Goliath Namaan Tabuni,[1] nado en 1959 ou 1960, é un guerrilleiro papúa, comandante do Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental. Con base en Puncak Jaya, a súa unidade é coñecida por lanzar ataques e emboscadas contra as unidades do goberno indonesio.

Infotaula de personaGoliath Tabuni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Puncak Jaya, Indonesia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndonesia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tabuni naceu en 1959 ou 1960,[2] orixinario do distrito de Gurage no que hoxe é a Rexencia Puncak Jaya.[3] Segundo os informes, uniuse ao Movemento Papúa Libre na década de 1980, despois de recibir unha malleira de soldados indonesios por unha acusación ilícita. Na década de 1990, uniuse á unidade de Kelly Kwalik preto da mina de Grasberg, antes de separarse e regresar a Puncak Jaya en 2004, establecendo a súa base no distrito de Tingginambut.[3] Desde entón, Puncak Jaya foi considerada "a rexión máis violenta" de Papúa.[3] Entre 2009 e 2015, polo menos 29 policías e militares indonesios morreron en Puncak Jaya, debido ás emboscadas dos guerrilleiros liderados por Tabuni.[4] Outras unidades do Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental nas rexencias de Puncak, Paniai e Mimika operan baixo o mando de Tabuni ata certo punto,[5] aínda que as unidades de Tabuni tamén entraron en conflito cunha facción separatista baixo Purom Wenda.[6]

En parte debido ás súas accións, foi nomeado Comandante Supremo do Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental en 2012 durante unha conferencia do Comité Nacional de Papúa Occidental en Biak.[4] Debido ao seu protagonismo como líder guerrilleiro, tamén se involucrou na política local; en 2006, un político local achegouse a el para pedirlle apoio nunhas eleccións rexionais contra o posterior gobernador de Papúa Lukas Enembe,[7] e en 2009, Tabuni apoiou a Golkar en troques de que o seu curmán Deerd Tabuni se convertese nun lexislador provincial. Deerd mesmo chegou a ser presidente da lexislatura.[4]

En marzo de 2015, os medios de comunicación informaron de que Tabuni se rendía ao goberno indonesio, mais retractáronse pouco despois.[8][9] Informes posteriores afirmaron que se retirara da guerrilla e dirixía un negocio de madeira,[10] unha información que foi desmentida por un voceiro do Exército de Liberación.[2]

Tabuni anunciou publicamente que non apoiaría o Movemento Unido de Liberación de Papúa Occidental.[11] Tamén rexeitou a autonomía rexional de Papúa, pedindo a plena independencia.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ini Kata Jenderal Goliath Tabuni Soal Otonomi Khusus Papua". Gatra (en indonesio). 15 de xullo de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Begini Keseharian Panglima OPM Goliath Tabuni". Gatra (en indonesio). 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2021. Umur beliau masih 57 tahun 
  3. 3,0 3,1 3,2 "The Current Status of the Papuan Pro-Independence Movement" (PDF). Institute for Policy Analysis of Conflict. 24 de agosto de 2015. p. 9. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 IPAC 2015, p. 10.
  5. IPAC 2015, p. 3.
  6. Anderson, Bobby (28 de novembro de 2017). "Putting Indonesian Papua's tensions in context". The Interpreter (en inglés) (Lowy Institute). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  7. IPAC 2015, p. 9.
  8. "Goliat Tabuni, Jenderal OPM Menyerahkan Diri ke TNI". VIVA (en indonesio). 24 de marzo de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  9. IPAC 2015, p. 11.
  10. "Ini profil panglima OPM Goliat Tabuni yang kini jadi pengusaha kayu". Merdeka (en indonesio). 12 de outubro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  11. IPAC 2015, p. 21.