Unha gobia, goiba, govia ou gubia [1][2] é unha serie de instrumentos de corte utilizados para esculpir ou tallar madeira.

Xogo de gobias para tallar.
Goiva con cabeza semicircular
Gobia con lámina en formato V.

Etimoloxía

editar

Do latín tardío gubĭa [3], este do latín gubiam [4], un posíbel préstamo de céltico *gulbi [5] (bico de ave), tamén é a posíbel orixe de varios topónimos e hidrónimos de Asturias [6] ou Galiza, aínda que tamén se apuntan outras orixes[7] (unha acepción do termo é leito do río [8]) ou mesmo Cataluña e Italia.[9]

Outros termos

editar

En galego e portugués existe o verbo gobiar/ goivar, que significa traballar con goiva ou gobia[10], ou tamén contraer gobia (Curvatura convexa esaxerada das costas, tamén chepa, nesta acepión talvez derivado do latín gibba ou gubbus [11], “convexidade, corcova”).

En portugués ás veces é usado o termo govia para dar nome a un tipo de arado, con forma similar á ferramenta de gravado ou carpintaría.

Coa folla curta, é semellante ao cicel, pero a menor escala. As gobias poden ter diferentes formas, cunha folla recta, semiredonda, cun corte no lado convexo, redondeada en forma de "U" ou en forma de "V".

 
Tipos de goivas con distintas formas e anchuras
 
Cabezas metálicas de goivas
  1. "Dicionario de dicionarios". sli.uvigo.es. Consultado o 2022-02-07. 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-07. 
  3. "gobia". DIGALEGO. Consultado o 2022-02-07. 
  4. "Os rubios galegos". 
  5. "GUBIA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 
  6. "Toponimia asturiana - El porqué de los nombres de nuestros pueblos". mas.lne.es. Consultado o 2022-02-07. 
  7. "Gobia". 
  8. "Significado de goiva no Dicionário Estraviz". www.estraviz.org. Consultado o 2022-02-07. 
  9. "38. De Gobiam.". behaim.brunoberti.it. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-07. 
  10. "gobiar". DIGALEGO (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 
  11. "GIBA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 

Véxase tamén

editar