Godzilla (filme de 1954)

Godzilla[2] ou Gojira (en xaponés ゴジラ) é un filme xaponés de ciencia ficción kaiju producido en 1954 por Toho. Foi dirixido por Ishirō Honda con efectos especiais de Eiji Tsuburaya.

Godzilla
Cartel
Ficha técnica
Título orixinalGojira
DirectorIshirō Honda
ProdutorTomoyuki Tanaka
GuiónIshirō Honda
Takeo Murata
Shigeru Kayama
IntérpretesAkira Takarada
Momoko Kōchi
Akihiko Hirata
Takashi Shimura
MúsicaAkira Ifukube
FotografíaMasao Tamai
MontaxeKazuji Taira
EstudioToho
DistribuidoraToho
Estrea 3 de novembro de 1954 [1]
Duración96 minutos
Orixe Xapón
XéneroKaiju
Orzamento1 500 000 dólares
Filme seguinteGodzilla Raids Again
Na rede
https://web.archive.org/web/20140910195342/http://godzilla1954.jp/
IMDB: tt0047034 Filmaffinity: 666455 Allocine: 8063 Rottentomatoes: m/godzilla_1956 Allmovie: v180343 TCM: 556721 Metacritic: movie/godzilla TV.com: movies/gojira-subtitled Netlix: 60035960Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Cando un barco xaponés é atacado por un raio de luz preto de Odo Island, outro barco é enviado a investigar, sufrindo o mesmo destino. Na vila os vellos culpan un monstro mariño coñecido como Godzilla. Cando o arqueólogo Kyohei Yamane chega á illa con outros investigadores atopan pegadas radioactivas xigantes e un trilobite. Yamane volve a Toquio e presenta os seus achados, concluíndo que Godzilla foi creado por unha explosión nuclear.

Personaxes editar

  • Akira Takarada como Hideto Ogata (尾形 秀人 Ogata Hideto?)
  • Momoko Kōchi como Emiko Yamane (山根 恵美子 Yamane Emiko?)
  • Akihiko Hirata como Daisuke Serizawa (芹沢 大助 Serizawa Daisuke?)
  • Takashi Shimura como Dr. Kyohei Yamane (山根恭平 Yamane Kyōhei?)
  • Fuyuki Murakami como Dr. Tanabe (田辺博士 Tanabe-hakushi?)
  • Sachio Sakai como Hagiwara (萩原?) (xornalista)
  • Ren Yamamoto como Masaji (政治?) (pescador)
  • Toyoaki Suzuki como Shinkichi (irmán máis novo de Masaji)
  • Tsuruko Umano como Nai de Shinkichi
  • Tadashi Okabe como Axudante do Dr. Tanabe
  • Jiro Mitsuaki como Empregado d Nankai Salvage Company
  • Ren Imaizumi como Radio Officer Nankai Salvage Company
  • Kenji Sahara como Asistente á festa
  • Sokichi Maki como Xefe na Axencia de Seguridade Marítima
  • Haruo Nakajima como Godzilla
  • Katsumi Tezuka como Godzilla

Versión estadounidense editar

En 1955 o filme foi exhibido nos cines estadounidenses, especialmente en veciñanzas con poboación xaponesa. O ano seguinte Jewell Enterprises re-montou o filme, eliminou moitas escenas e combinou o material orixinal con outras protagonizadas por Raymond Burr interpretando un reporteiro que cubría as actividades do monstro. Esta versión, titulada Godzilla, King of the Monsters! foi estreada no Xapón en 1957 e foi tamén moi popular.

Secuelas editar

O filme deu lugar a unha saga de vinte e sete secuelas, ademais de imitacións, parodias e homenaxes. Nos Estados Unidos rodáronse dous filmes sobre o monstro, unha versión en 1998 e outra en 2014.

Notas editar

  1. Galbraith IV, Stuart (16 de maio de 2008). Scarecrow Press, ed. The Toho Studios Story: A History and Complete Filmography. p. 106. ISBN 9781461673743. Consultado o 3 de novembro de 2013. 
  2. Godzilla é a transcrición oficial rexistrada por Toho en 1955.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar