Glucano
Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa,[1] que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula.
Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
Glucanos e glicanos
editarAínda que, tal como recomenda a Academia[2], para o nome dos glícidos en galego se utiliza normalmente a raíz glic (do grego glykys, doce), aínda que tamén está aceptada a raíz gluc, neste caso cómpre distinguir entre parellas como glucano e glicano, que se refiren a tipos de moléculas distintos, o que se fixo aquí seguindo os usos internacionais (por exemplo, inglés glucan = galego glucano, e inglés glycan = galego glicano).
Cómpre non confundilos, xa que os glicanos son polímeros de monosacáridos formados por calquera tipo de monosacárido unidos por enlace glicosídico, polo que o termo é sinónimo de polisacárido.[3] Glucano é un termo máis restritivo, xa que son un tipo de glicano, concretamente son glicanos que están formados especificamente por glicosa. Por tanto, os glucanos están incluídos dentro dos glicanos.
Tipos
editarPoden dividirse en glucanos α e β, segundo a xeometría do seu enlace glicosídico.
Alfa
editar- Artigo principal: Alfa-glucano.
- dextrano, α-1,6-glucano con ramificación α-1,3
- glicóxeno, α-1,4- e α-1,6-glucano
- pululano, α-1,4- e α-1,6-glucano
- amidón, α-1,4- e α-1,6-glucano
Beta
editar- Artigo principal: Beta-glucano.
- celulosa, β-1,4-glucano
- crisolaminarina, β-1,3-glucano
- curdlana, β-1,3-glucano
- laminarina, β-1,3- e β-1,6-glucano
- lentinana, un β-1,6:β-1,3-glucano estritamente purificado procedente do fungo Lentinula edodes
- liquenina, β-1,3- e β-1,4-glucano
- pleurana, β-1,3- e β-1,6-glucano illado do fungo Pleurotus ostreatus
- cimosano (ou zimosano), β-1,3-glucano
Notas
editar- ↑ Glucans Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- ↑ Dicionario da Real Academia Galega gluco- Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ IUPAC Gold book Glycans