Glenn Doman

fisioterapeuta estadounidense

Glenn Doman, nado en Filadelfia o 26 de agosto de 1919, e finado o 18 de maio de 2013, foi un fisioterapeuta estadounidense. Xunto con Carl Delacato, desenvolveu a súa propia teoría sobre a atención de nenos con lesións cerebrais, publicada en 1960 no Journal of the American Medical Association,[1] mais esta teoría non ten base nin evidencia científica. Despois fundou en Filadelfia os Instituts for the Achievement of Human Potential, a través dos cales difundiu as súas ideas e métodos, formando os pais sobre como aplicalos.

Infotaula de personaGlenn Doman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1919 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioterapia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfisioterapeuta , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webglenndoman.com Editar o valor em Wikidata

O método Doman editar

En 1974 Doman publicou o libro What To Do About Your Brain-hurt Child,[2] no cal describía as ideas e técnicas empregadas nos Instituts for the Achievement of Human Potential, os institutos que fundou onde se aplican as súas teorías. O subtítulo do llibre: cerebro danado, atraso mental, parálise cerebral, epilepsia, autista, atetoide, hiperactivo, trastorno por déficit de atención, atraso no desenvolvemento, fillo con Down, enumera as moitas condicións consideradas pola "lesión cerebral" por Doman.[2]

Segundo o neurocirurxián Temple Fay, o cerebro do neno evolucionaría a través das etapas evolutivas da evolución, dende os peixes ata os réptiles e finalmente os mamíferos, trazando a chamada "teoría da recapitulación" desenvolvida por Ernst Haeckel, hoxe abandonada pola bioloxía.[3] Porén, Doman inspirouse nestes principios, crendo que o dano cerebral bloquea a "evolución" do cerebro.[4]

Falta de base científica editar

As teorías de Doman carecen de validación científica: a Academia Americana de Pediatría emitiu advertencias sobre estas teorías.[5][6] Baséanse en convencións obsoletas e son unha simplificación extrema do desenvolvemento do cerebro.[7]

A propia eficacia do método non está apoiada por ningunha evidencia e, polo tanto, o seu uso parece inxustificado: o único documento científico publicado por Doman, en 1960, contén moitos erros metodolóxicos e esaxeracións dos resultados; o estudo non tiña grupo control, polo que non puido comparar o progreso acadado co que ocorrería naturalmente nos nenos ao longo do tempo como consecuencia do crecemento. Cando un grupo independente de científicos comparou o progreso dos nenos non tratados cos resultados de Doman, este último "non parecía ser exclusivamente relevante".[8]

A terapia de Doman baséase na teoría da neuroplasticidade, que é a capacidade intrínseca do cerebro para crecer tanto funcional como anatomicamente; segundo Doman, a medicina tradicional trata os nenos con danos cerebrais con medicamentos que poden ter efectos secundarios negativos.[9]

Notas editar

  1. Doman, RJ; Spitz, EB; Delacato, CH; Doman G (1960). "Children with severe brain injuries. Neurological organization in terms of mobility" (en inglés) 174: 257–62. 
  2. 2,0 2,1 Glenn Doman (2005). What To Do About Your Brain-injured Child (en inglés). Square One Publishers. ISBN 0-7570-0186-6. 
  3. Scott F Gilbert (2006). Sinauer Associates, ed. "Ernst Haeckel and the Biogenetic Law". Developmental Biology, 8th edition (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  4. Scherzer, Alfred L (11-2000). Early Diagnosis and Interventional Therapy in Cerebral Palsy. Marcel Dekker. p. 376. ISBN 0-8247-6006-9. 
  5. American Academy of Pediatrics. Doman-Delacato treatment of neurologically handicapped children. AAP Newsletter. 1 de xuño de 1968(suppl)
  6. American Academy of Pediatrics, Committee on Children With Disabilities. The Doman-Delacato treatment of neurologically handicapped children. Pediatrics. 1982; 70:810–812. PMID 6182521
  7. Committee on Children with Disabilities, American Academy of Pediatrics (1999). Pediatrics, ed. "The treatment of neurologically impaired children using patterning". Pediatrics. vol.104 núm.5 (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  8. Zigler, Edward; Hodapp, Robert M (1986). Understanding Mental Retardation. Cambridge University Press. p. 306. ISBN 0-521-31878-5. 
  9. Glenn Doman e Dr. Ralph Peligra, "Ictogenesis: the origin of seizures in humans. A new look at an old theory." Medical Hypotheses Volume 10, Issue 1. pp. Pages 129–132 (xaneiro de 2003)