Glenn Coldenhoff

piloto neerlandés de motocrós

Glenn Coldenhoff, nado en Oss o 13 de febreiro de 1991, é un piloto neerlandés de motocrós.[1]

Infotaula de personaGlenn Coldenhoff

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Compite no Campionato Mundial de Motocrós, onde ten gañado varios Grandes Premios. Coldenhoff foi un dos membros do equipo neerlandés gañador do Motocrós das Nacións de 2019, xunto a Jeffrey Herlings e Calvin Vlaanderen. A súa vitoria supuxo o primeiro triunfo holandés nos 73 anos de historia da competición.[2]

Traxectoria editar

Naceu en Oss, trasladándose logo a vivir á vila de Heesch, en Brabante do Norte.[3] Comezou competindo en motocrós no 2001 na categoría de 85cc. En 2004, 2005 e 2006 gañou o título neerlandés nesta categoría. En 2007 pasou á categoría MX2, pero unha lesión no pulso estragoulle a tempada. En 2008 fixo unha aparición como invitado no Campionato do Mundo de Motocrós, en MX2. Conseguiu chegar á meta coa súa Suzuki, pero non obtivo ningún punto. Durante as dúas tempadas seguintes centrouse no Campionato de Europa de MX2.

En 2011 deu o salto definitivo ao Campionato Mundial con Yamaha. Puntuou de xeito habitual ata que se lesionou durante o Gran Premio de Suecia, rematando 21º na clasificación final. En 2012 conseguiu un asento no equipo de Jacky Martens, onde comezou a correr con KTM. Volveu lograr puntos e acabou entre os dez primeiros nalgunha carreira. Rematou noveno na clasificación final. En 2013 cambiou a outro equipo belga de KTM, no que obtivo máis éxito. Subiu ao podio dúas veces e logrou gañar o primeiro Gran Premio da súa carreira, o GP de Gran Bretaña. Acabou quinto na clasificación final.

En 2014 volveu a Suzuki. A tempada comezou ben, con tres podios e dúas vitorias seguidas. Pero a continuación tivo un accidente no que resultou gravemente ferido, perdendo a maior parte da tempada. Aínda así quedou décimo terceiro na clasificación final e participou no Motocrós das Nacións coa selección holandesa.

En 2015 subiu á clase MXGP. Na súa tempada de debut gañou un Gran Premio (Letonia)[4] e subiu ao podio outra vez máis, o que lle serviu para lograr o oitavo lugar na clasificación final. Finalizou as tempadas 2016, 2017 e 2018 como 7º, 10º e 7º respectivamente na clasificación final. En decembro de 2018 sufriu un accidente durante unha sesión de adestramento e rompeu o pulso e tres vértebras. En 2019 acadou dúas vitorias (Italia e Suecia) e acabou terceiro na clasificación final. Ese mesmo ano gañou en Assen o Motocrós das Nacións, co equipo neerlandés formado ademais por Jeffrey Herlings e Calvin Vlaanderen.[5][6]

O 9 de agosto de 2020 fixo historia ao gañar o primeiro Gran Premio de MXGP para Gas Gas en Kegums (Letonia).[7][3]

Notas editar

  1. "Glenn Coldenhoff". mxgpresults.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  2. "Dutch Delight in Assen as they Win the 2019 Monster Energy FIM MXoN". www.mxgp.com (en inglés). 2018-09-29. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Motorcrosser Glenn Coldenhoff pakt eerste GP overwinning na corona-uitbraak" (en neerlandés). 9 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  4. "Primeur voor motocrosser Coldenhoff in Letland". nos.nl (en neerlandés). 12 de xullo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  5. "Coldenhoff loopt drie gebroken ruggenwervels op bij crash in Lommel" (en neerlandés). 15 de decembro de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  6. Abelenda, Marcos (30 de setembro de 2019). "Primer triunfo de Holanda en el Motocross de las Naciones" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  7. "Coldenhoff y Gas Gas se llevan el GP de la reanudación" (en castelán). 9 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar