Glasnost

política soviética da década de 1980

A Glasnost é un termo ruso que significa transparencia ou apertura.

No XXVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), en febreiro de 1986, Mikhail Gorbachev propuxo a política de Glasnost, para modernizar ó cidadán soviético medio e limar asperezas co bloque occidental. Esta política significaba unha maior liberdade de prensa nos medios de comunicación. Así, Gorbachev conseguiu grandes logros diplomáticos con outras potencias, mentres o descontento popular medraba, xa que a liberdade de prensa informou ós cidadáns do pacto cos nazis (pacto Molotov-Ribbentrop), das baixas en Afganistán e da lamentable situación económica.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar