Gillian Armstrong

Gillian May Armstrong, nada en Melbourne o 18 de decembro de 1950 é unha directora australiana de longametraxes e documentais, especializada en dramas de época. Os seus filmes adoitan representar perspectivas e protagonistas femininas.

Gillian Armstrong
Gillian Armstrong.jpg
Nacemento18 de decembro de 1950
 Melbourne
NacionalidadeAustralia
Alma máterAustralian Film Television and Radio School, Victorian College of the Arts e Universidade de Tecnologia de Swinburne
Ocupacióndirectora de cine, guionista, produtora, directora artística e actriz
PremiosAustralian Film Institute, Brisbane International Film Festival e London Film Critics' Circle
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nada en Melbourne, Gillian Armstrong creceu no suburbio de Mitcham. Graduouse no Swinburne Technical College en 1968, estudou deseño de vestiario para o teatro e realización de cinema. O 1972 entrou no Australian Film Television and Radio School.[1] Tres anos despois dirixiu dúas curtametraxes, The Singer And The Dancer e Smokes and Lollies (1975).

A súa primeira longametraxe, My Brilliant Career (1979), adaptación da novela homónima de Miles Franklin, foi a primeira longametraxe australiana dirixida por unha muller en 46 anos. Armstrong recibiu seis premios do Australian Film Institute Awards, incluído o da mellor dirección. Despois do éxito do filme, que foi candidato ao Óscar ao mellor deseño de vestiario, dirixiu o pequeno musical australiano Starstruck (1981).[2]

A partir de entón, Armstrong especializouse en dramas. O seu maior éxito en Hollywood obtívoo en 1994 coa adaptación de Little Women, protagonizada por Winona Ryder e Susan Sarandon, á que seguiron filmes como Oscar and Lucinda (1997) e Charlotte Gray (2001).

Temas e estiloEditar

TemasEditar

Armstrong deu voz ao seu desexo de alcanzar un público amplo nas súas entrevistas, incluíndo homes e mulleres de todas as nacionalidades. Porén, a súa obra diríxese continuamente ás políticas sexuais e as tensións familiares. Os seus filmes céntranse na fuxida e na loita cos roles tradicionais de xénero e a súa evolución e inconvenientes, como en One hundred a Day, My Brilliant Career, High Tide e Oscar and Lucinda.[3] Ademais, moita xente definiuna como creadora de "mulleres fortes", aínda que insiste que simplemente realiza filmes sobre personaxes complexas e as escollas que estes fan.[1]

EstiloEditar

Armstrong ten un estilo distintivo na súa obra que resiste categorizacións sinxelas. A maioría dos seus filmes non poden ser definidos simplemente como "filmes de mulleres".[3] Os seus filmes descríbense como mestura de xéneros de xeito que recrean como algo amplamente diferente do que foron considerados. Non obstante, tamén poden considerarse filmes convencionais atractivos para o público. Posúen unha fotografía sensible e delicada, unha montaxe fluída, un sentido evocador para os decorados e o vestiario, e un compromiso co desenvolvemento de personaxes sólidas e a interpretación.[3] Segundo a investigadora cinematográfica Gwendolyn Audrey Foster, Armstrong ten unha "forte inclinación feminista" e un "sentido do humor mordaz".[4]

Vida persoalEditar

Armstrong está casada con John Pleffer,[5] e teñen dúas fillas.[6]

FilmografíaEditar

Ano Título Tipo Notas
1970 Old Man and Dog Curtametraxe
1971 Roof Needs Mowing Curtametraxe
1973 Satdee Night Curtametraxe Tamén guionista
1973 One Hundred a Day Curtametraxe Tamén guionista
1973 Gretel Curtametraxe Tamén guionista
1975 The Singer and the Dancer Curtametraxe Tamén coguionista e produtora
1976 Smokes and Lollies Documental
1979 My Brilliant Career
1980 Touch Wood Documental
1980 Fourteen's Good, Eighteen's Better Documental Tamén produtora
1982 Starstruck
1983 Having a Go Documental
1984 Mrs. Soffel Participou no 35.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[7]
1986 Hard to Handle Documental Concerto da xira True Confessions de Bob Dylan de 1986 con Tom Petty and the Heartbreakers. Emitido nun especial de HBO e estreado só en VHS.
1987 High Tide
1988 Bingo, Bridesmaids & Braces Documental
1991 Fires Within
1992 The Last Days of Chez Nous Participou no 42.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[8]
1994 Little Women
1996 Not Fourteen Again Documental Tamén guionista e produtora
1997 Oscar and Lucinda
2001 Charlotte Gray
2006 Unfolding Florence: The Many Lives of Florence Broadhurst Documental
2007 O derradeiro gran mago
2009 Love, Lust & Lies
2015 Women He's Undressed Documental

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Higson, Rosalie."Gillian Armstrong: The Real Thing"The Australian: Arts The Australian. Web
  2. Reichl, Ruth. "At Tea With: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career."The New York Times. The New York Times. Web.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Gillian Armstrong: Women Filmmakers & Their Filmes." Gale Biography in Context. Gale Cengage Learning. Web.
  4. Gwendolyn Audrey Foster, 1995, Greenwood Press, Westport (CT) e Londres, Women Film Directors: An International Bio-Critical Dictionary. Consultado o 15 de decembro de 2014, páxina 114
  5. "Gillian Armstrong: Award-winning director on smashing through glass ceilings; paying tribute to Australian costume designing legend Orry-Kelly". ABC. 
  6. Reichl, Ruth. "AT TEA WITH: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career". New York Times. 
  7. "Berlinale: 1985 Programme". berlinale.de. Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  8. "Berlinale: 1992 Programme". berlinale.de. Consultado o 27 de maio de 2011. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar