Gilles Duceppe

político canadense

Gilles Duceppe, nado o 22 de xullo de 1947 en Montreal, é un político quebequés, líder do Bloque Quebequés.

Infotaula de personaGilles Duceppe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
14 de outubro de 2008 – 1 de maio de 2011 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 40º Parlamento do Canadá (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Laurier—Sainte-Marie (en) Traducir

Líder da oposição da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
15 de marzo de 1997 – 1 de xuño de 1997
← Michel Gauthier (en) TraducirPreston Manning (en) Traducir →
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
13 de agosto de 1990 – 1 de maio de 2011
← Jean-Claude Malépart (en) TraducirHélène Laverdière (en) Traducir →
Lexislatura: 36th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Laurier—Sainte-Marie (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 39th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Laurier—Sainte-Marie (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 38th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Laurier—Sainte-Marie (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 37th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Laurier—Sainte-Marie (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Montreal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Otava
Montreal Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConfédération des syndicats nationaux (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoWorkers' Communist Party of Canada (en) Traducir (–década de 1980)
Bloco Quebequense (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAlexis Brunelle-Duceppe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJean Duceppe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do actor Jean Duceppe e mais de Hélène Rowley, estudou ciencias políticas na Universidade de Montreal. Foi vicepresidente da Unión Xeral dos Estudantes do Quebec e membro activo do Partido Comunista Obreiro (PCO)[1], que despois considerou un erro de mocidade [2]. Traballou tamén como negociador para a Confederación de Sindicatos Nacionais(CSN).

En 1990 converteuse no primeiro deputado elixido polo Bloque Quebequés, nunha elección federal parcial na circunscrición de Laurier—Sainte-Marie, en Montreal. Secasí, oficialmente concorreu como independente. Uníndose así ao resto dos deputados desa formación que eran disidentes dos conservadores e dos liberais.

En 1996, o líder do BQ, Lucien Bouchard, cesou no seu posto para participar na política quebequesa liderando o Partido Quebequés. De forma interina Duceppe foi o seu líder ata a elección de Michel Gauthier, que dimitiu en marzo de 1997 e ao que sucedeu Duceppe. Durante un breve período, entre o 16 de xaneiro e o 17 de febreiro de 1996 e de novo do 15 de marzo ao 1 de xuño de 1997, foi o líder da oposición.

Xefe do Bloque Quebequés editar

Logo das eleccións de 1997 o BQ perdeu o seu status de oposición oficial, pasando de 54 a 44 escanos e quedando en terceiro lugar na Cámara dos Comúns por detrás do Partido Reformista do Canadá.

 
Gilles Duceppe en 2007

Nas eleccións de 2000 o BQ pasou a 38 parlamentarios. Secasí, un escándalo de corrupción dos liberais durante a administración de Jean Chrétien propulsou o BQ que nas eleccións de 2004 chegou aos 54 escanos. Mais a fusión dos progresistas-conservadores e dos reformistas impediu que Duceppe volvese ser o xefe da oposición.

Logo da desfeita electoral do Partido Quebequés nas eleccións quebequesas do 26 de marzo de 2007 e a marcha do seu líder, André Boisclair, Gilles anunciou o 11 de maio a súa intención de competir pola dirección do PQ, uns minutos antes de Pauline Marois anunciar a súa candidatura [3], así e todo unhas 30 horas despois anunciou a súa retirada e o seu apoio a Marois[4] tras a publicación dunha sondaxe de opinión en La Presse que daba o 45% dos apoios a Pauline Marois contra o 21% de Gilles Duceppe, este anunciou que entendera a mensaxe:"Pauline en Quebec e Gilles en Ottawa".

Nas eleccións federais do outono de 2008 Gilles Duceppe conseguiu un bo resultado, aínda que o número de deputados do seu partido baixou a 49.

 
Gilles Duceppe coa súa dona durante a campaña electoral de 2011.

Retirada da vida política editar

As eleccións federais de 2011 puxeron fin ao liderado de Duceppe no BQ, ao quedar reducido a 4 escanos e un forte ascenso do Novo Partido Democrático entre os quebequeses. Derrotado na súa propia circunscrición por Hélène Laverdière, Gilles Duceppe anunciou a súa dimisión[5]

Desde novembro de 2012 foi presidente do consello de administración de DUCEPPE, a compañía teatral que fundara seu pai[6].

Retorno á vida pública editar

O 10 de xuño de 2015 volveu de novo á política activa como novo xefe do Bloque Quebequés[7].

Notas editar

  1. ""Le communisme au Canada, un idéal perdu?" Radio Canada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  2. "Gilles Duceppe, elegant separatist", CBC News
  3. Dutrisac, Robert; Buzzetti, Hélène (12 de maio de 2007). "Un combat de géants: Marois-Duceppe". Le Devoir. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  4. Lessard, Denis; Chouinard, Tommy (13 de maio 2007). "Duceppe déclare forfait". La Presse. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 16 de setembro de 2015. .
  5. Bourgault-Côté, Guillaume (3 de maio de 2011). "Gauche et droite face à face". Le Devoir. 
  6. DUCEPPE, ed. (1 de novembro de 2012). "Gilles Duceppe nommé président du conseil d’administration de DUCEPPE". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  7. "Gilles Duceppe redeviendra chef du Bloc québécois", La Presse, 9 de xuño de 2015

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar