Gilberto Suárez Méndez

dinamizador cultural galego

Gilberto Suárez Méndez, nado en Ribadeo o 31 de xullo de 1936 e finado na mesma vila o 11 de xuño de 2012, foi un xornalista, político e dinamizador cultural galego.

Infotaula de personaGilberto Suárez Méndez
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante moito tempo participou activamente e dirixiu diversas sociedades, como Amigos da Gaita, Sociedade Filantrópico-Dramática, La Concordia, Ribadeo FC, Amadores da Música, Asociación de Ex-alumnos Menesianos, Peña Madridista (da que tiña o carné nº 1) ou Cáritas.

 
Portada do libro adicado a Gilberto con motivo do Entroido 2013 en Ribadeo.

No eido literario, foi correspondente de El Progreso durante nove anos, pasando logo a escribir en A Mariña, o suplemento comarcal do xornal. No semanario local La Comarca del Eo mantivo durante máis dunha década unha presenza semanal, dando información, comentado deportes ou pedindo melloras.

Animou e encargouse das festas de Ribadeo e do Entroido ribadense dende as comisións correspondentes dúas ducias de veces, dende os anos oitenta ata o seu falecemento.

Participou asemade na política local, sendo concelleiro polo PSdeG-PSOE un mandato.[cando?]

As súas actividades en pro de Ribadeo abrangueron os máis diversos campos, sendo representante da agrupación Follas Novas na súa xira arxentina (1985).

Foille adicado o libro do antroido 2013 en Ribadeo, no que aparece na portada nunha reprodución a carboncillo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar