Gil Gerard
Gilbert Vincent Gerard, máis coñecido como Gil Gerard, nado en Little Rock (Arcansas) o 23 de xaneiro de 1943, é un actor estadounidense. É famoso polo seu papel de Capitán William "Buck" Rogers na serie de televisión Buck Rogers no século XXV (1979-1981).
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1943 (81 anos) Little Rock, Estados Unidos de América |
Educación | University of Central Arkansas (en) Catholic High School for Boys (en) Maryknoll (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión, produtor de cinema, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1970 - |
Familia | |
Cónxuxe | Connie Sellecca (1979–1987) |
Premios | |
Sitio web | gilgerard.com |
Traxectoria
editarGil Gerard actuou no seu instituto (Little Rock Catholic High School for Boys) ao tempo que traballaba nun establecemento da cadena Kroger. Estudou no Arkansas State Teachers College pero abandonouno antes de se graduar.
Traballou como químico industrial, aos poucos anos, converteuse en director rexional dunha importante compañía química dirixida por Winthrop Rockefeller. Pero ambicionaba actuar, trasladouse a Nova York en 1969, estudaba arte dramática polo día e conducía un taxi pola noite, actuou en obras como Oklahoma ou Carousel. Presentouse a unhas probas para Love Story, que se estaba a rodar en Nova York e foi elixido para un pequeno papel, aínda que finalmente cortado non saíu en pantalla.
Durante os seguintes anos actuou en anuncios de televisión ata conseguir un papel importante na serie The Doctors (1974-1976). Gerard formou a súa propia produtora e filmou o filme Hooch como vehículo para relanzar a súa carreira, chamado a California coprotagonizou con Yvette Mimieux Ransom for Alice! e fixo de mozo de Lee Grant en Airport '77. Unha aparición en Little House on the Prairie impresionou a Michael Landon, quen lle deu un papel importante nunha ambiciosa teleserie, Killing Stone. Pero a actuación máis coñecida de Gerard foi o de capitán Buck Rogers na serie de televisión Buck Rogers no século XXV que se transmitiu de 1979 ata 1981. Logo apareceu en programas e series de televisión, tales como Sidekicks e E.A.R.T.H. Force.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gil Gerard |