Gibrilla Bamba
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Gibrilla Bamba, nado en Serra Leoa en 1975, é un nadador, seleccionado polo seu país para participar en competicións internacionais.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Serra Leoa |
Traxectoria
editarBamba participou nos Mundiais de Montréal de 2005, nas catro disciplinas da natación (costas, bolboreta, libres e braza), sempre sobre a distancia de 50m. Porén, en ningunha das catro chegou a entrar na piscina.
En 2007 participa nos Mundiais de Melbourne na proba de 50m braza. Quedou de último de todos os participantes, cun tempo de 55"11, se ben acreditaba unha marca mínima de 36"50. Tamén participa na proba dos 50m libres, e queda de penúltimo (174º), cun tempo de 38"00, malia ter acreditada unha marca de 26"50. O outro representante de Serra Leoa nestes campionatos Abubakarr Jalloh, obtivo a 170ª posición.
O seu rexistro e o seu estilo pouco depurado de nadar lembran a Eric Moussambani, nadador ecuatoguineano que participou nos Xogos de Sydney.