Ghats occidentais

Os Ghats occidentais (en tulu e kanarés: ಸಹ್ಯಾದ್ರಿ; en marathi e konkani: सह्याद्री; en malayalam: സഹ്യാദ്രി / സഹ്യപര്‍വതം; e en támil: மேற்குத் தொடர்ச்சி மலைகள்), tamén coñecidos como Sahyadri ("montañas benevolentes"), son unha cadea montañosa da India. Percorre ao longo o bordo occidental da meseta do Deccan, e sepáraa do mar Arábigo un estreito chan costeiro. Atravesa os estados de Tamil Nadu, Kerala, Karnataka, Goa, Maharashtra e Gujarat.[1] Foi declarado Patrimonio de Humanidade pola UNESCO en 2012[2] e é un dos oito puntos quente da diversidade biolóxica no mundo.[3][4]Contén unha gran proporción da flora e da fauna da India, con moitas especies que só se atopan nese país.[5] Polo menos 325 especies ameazadas habitan nos Ghats occidentais.[6][7][8]

Ghats occidentais
Western Ghats Gobi.jpg
Ghats occidentais dende Gobichettipalayam, Tamil Nadu
Indiahills.png
Localización
Continente/sAsia
País/esIndia India
Coordenadas10°10′N 77°04′L / 10.167, -77.067Coordenadas: 10°10′N 77°04′L / 10.167, -77.067
Datos
Principais cumesAnamudi
Cota2695 msnm
Superficie160000
Lonxitude1600
Ancho100
Ghats occidentais
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
TipoCultural
CriteriosNatural: ix, x
Inscrición2012
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador1342

XeografíaEditar

Comezan ao sur do río Tapti preto do límite entre Gujarat e Maharashtra, e percorre aproximadamente 1600 quilómetros polos estados de Maharashtra, Goa, Karnataka, Kerala e Tamil Nadu, ata chegar ao cabo Comorín na cidade de Kanyakumari, no sur da península india.

A elevación media está arredor dos 900 metros.

Os picos máis altos localízanse na zona norte, en Maharashtra, salientando o Kalsubai (1646 m), o Mahabaleshwar (1438 m) e o Harishchandragad (1424 m). Ao suroeste do estado de Karnataka, están tamén o Kudremukh (1862 m) e o Mullayanagiri (1925 m). Na parte sur da serra, está o Anai Mudi, no estado de Kerala con 2695 m, que é o pico máis alto dos Ghats occidentais.

NotasEditar

  1. "Western Ghats". 
  2. Unesco (2 de xullo de 2012). "Twenty-six new sites inscribed on UNESCO World Heritage List this year". Unesco.org (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2012. 
  3. Myers, Norman; Mittermeier, Russell A.; Mittermeier, Cristina G.; Da Fonseca, Gustavo A. B.; Kent, Jennifer (2000). "Biodiversity hotspots for conservation priorities". Nature 403 (6772): 853–858. PMID 10706275. doi:10.1038/35002501. 
  4. "UN designates Western Ghats as world heritage site". Times of India. 2 de xullo de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2012. 
  5. "A biodiversity hotspot". 
  6. Nayar, T.S.; Rasiya Beegam, A; Sibi, M. (2014). Flowering Plants of the Western Ghats, India (2 Volumes). Thiruvananthapuram, India: Jawaharlal Nehru Tropical Botanic Garden and Research Institute. p.1700. 
  7. Myers, N.; Mittermeier, R.A.; Mittermeier, C.G.; Fonseca, G.A.B.Da; Kent, J. (2000). "Biodiversity Hotspots for Conservation Priorities". Nature 403 (6772): 853–858. PMID 10706275. doi:10.1038/35002501. 
  8. Dahanukar, N.; Raut, R.; Bhat, A. (2004). "Distribution, endemism and threat status of freshwater fishes in the Western Ghats of India". Journal of Biogeography 31 (1): 123–136. doi:10.1046/j.0305-0270.2003.01016.x. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Mahajan, Harshal. A rendezvous with Sahyadri
  • Ingalhalikar, Shrikant. Flowers of Sahyadri. Corolla Publication; Pune
  • Wikramanayake, Eric; Eric Dinerstein; Colby J. Loucks; et al. (2002). Terrestrial Ecoregions of the Indo-Pacific: a Conservation Assessment. Island Press; Washington, DC.
  • Kapadia, Harish. Trek the Sahyadris

Ligazóns externasEditar