Gerardo Gasset Neira
avogado e escritor galego
Gerardo Gasset Neira, nado na Pobra do Caramiñal en 1899 e finado no pazo de Vistalegre (A Ponte Ulla, Vedra) o 2 de maio en 1969,[1] foi un avogado e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 A Pobra do Caramiñal, España |
Morte | 2 de maio de 1969 (69/70 anos) Vedra, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor, diplomático |
Familia | |
Pai | Eduardo Gasset Chinchilla |
Traxectoria
editarFillo de Eduardo Gasset Chinchilla, vencellado á Torre de Xunqueiras. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira diplomática en 1930 e ocupou postos diplomáticos no Perú e Portugal. Foi crítico do xornal El Imparcial, colaborou en Galicia e despois da guerra civil en El Pueblo Gallego. Como escritor estivo moi influenciado, aínda que dun xeito superficial, por Valle-Inclán.
Obras
editar- El impresionable. Novela, 1921.
- A la deriva. Proceso de una vocación, 1925. Reeditada polo museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal en 2001.
- Nuestra Señora de Gundián. Misterio en una jornada y dos cuadros , 1945.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 4-5-1969, p. 20