George Wilhelm Richmann
George Wilhelm Richmann, nado en Pernau (hoxe Pärnu, Estonia) o 11 de xullo de 1711 e finado en San Petersburgo, Rusia, o 26 de xuño de 1753, foi un físico alemán que traballou en Rusia.
Nome orixinal | (de) Georg Wilhelm Richmann |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de xullo de 1711 (Xuliano) Pärnu (Imperio Sueco) |
Morte | 26 de xullo de 1753 (Xuliano) (42 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | morte accidental, Relampo |
Educación | Gustav Adolf Grammar School (en) Universidade de Halle-Wittenberg Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, inventor |
Empregador | Academia de Ciencias de Rusia |
Membro de | |
Cronoloxía | |
nacemento póstumo | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рихман Георг Вильгельм) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Russian Biographical Dictionary (en) |
Traxectoria
editarRealizou os seus estudos primario e secundario en Reval (hoxe Tallinn, capital de Estonia). Sendo aínda novo, logra presentar un ensaio sobre Física na Academia das Ciencias de San Petersburgo. Logra así entrar no seu departamento de física, conseguindo un posto de profesor no 1740 e publicando 19 artigos sobre termometría e calorimetría, intercambio de calor e evaporación de líquidos, aire de características elásticas, electricidade, magnetismo e cartografía. No 1744 consegue o posto de xefe do departamento.
Faleceu en 1753 cando realizaba un experimento semellante ao levado a cabo dous anos antes por Benjamin Franklin e que puxo de manifesto a relación existente entre as treboadas e a electricidade. Un raio en forma de bola chocou coa súa cabeza mentres intentaba cuantificar a resposta dunha barra recuberta por un material illante a unha treboada eléctrica.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Russia Info Centre (en inglés)