Abrir o menú principal

George Herbert Leigh Mallory (18 de xuño de 18868 ou 9 de xuño de 1924) foi un escalador e alpinista británico que tomou parte nas tres primeiras expedicións que se propoñían escalar o Everest (1921, 1922 e 1924). Desapareceu xunto co seu compañeiro de cordada, Andrew Irvine, a máis de 8.000 msnm na cara nordeste da montaña. Aínda hoxe persiste a dúbida sobre se conseguiron facer cume, en cuxo caso, adelantaríanse en 29 anos ao primeiro ascenso oficial, que levaron a cabo Edmund Hillary e Tenzing Norgay en 1953. O corpo de Mallory non foi atopado até 1999, 75 anos despois da súa desaparición.

George Mallory
George Mallory 1915.jpg
George Mallory en 1915
Nome completoGeorge Herbert Leigh Mallory
Nacemento18 de xuño de 1886
 Mobberley, Inglaterra
Falecemento8 ou 9 de xuño de 1924 (37 anos)
 Monte Everest, Tíbet
Causadesconhecido
Nacionalidadebritánico
Alma máterWinchester College e Magdalene College
Ocupaciónalpinista
IrmánsTrafford Leigh-Mallory
editar datos en Wikidata ]