A Geographia é unha obra de Claudio Tolomeo, xeógrafo grego do século II, que consta de tres partes, divididas en oito libros.

Geographia
Título orixinalΓεωγραφικὴ Ὑφήγησις
Autor/aPtolomeo
LinguaGrego antigo
Tema(s)xeografía e Cartografía
Xénero(s)tratado e Atlas
Na rede
BNE: XX3003319
editar datos en Wikidata ]

A primeira parte, o primeiro libro, é introdutoria, establecendo a súa metodoloxía para realizar traballos cartográficos e proxeccións. Na segunda parte, do segundo ao sétimo libro, cataloga aproximadamente 5.000 lugares do ecúmene. Mentres que as latitudes son bastante exactas, Tolomeo comete erros na lonxitude xa que utiliza unhas dimensións do globo terrestre inferiores ás reais, baseándose nas estimacións de Posidonio e Mariño de Tiro en vez das do seu mestre Eratóstenes, máis próximas á realidade. Na última parte, que se corresponde co último libro, achega 27 mapas do mundo coñecido.