Gentes de El Bierzo

Gentes de El Bierzo (GB) (Xentes do Bierzo en galego) é o nome dunha coalición electoral que formaron os partidos políticos bercianistas de ámbito comarcal berciano: O Partido de El Bierzo, Unidad Bercianista máis candidatos independentes, para as eleccións xerais españolas de marzo de 2008. Só presentaron candidatos na circunscrición electoral da provincia de León. A candidatura ao Congreso estaba encabezada por Marcelino Taboada, independente e antigo militante do Partido Regionalista de El Bierzo, no entanto Iván Alonso Rodríguez, secretario xeral do Partido de El Bierzo, era o único candidato ao Senado.

Gentes de El Bierzo
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Mitin electoral da coalición Gentes de El Bierzo en Ponferrada en 2008

A coalición obtivo 385 votos na súa lista ao Congreso (1,12% na provincia de León),[1] mentres que Iván Alonso obtiña 1.417 votos,[1] sendo o décimo sexto candidato en votos da provincia, tralos candidatos de PSOE, PP, IU, UPyD e UPL.

Notas editar

Ligazóns externas editar