Gemini 1

Gemini 1 foi a primeira proba de lanzamento dunha cápsula Gemini xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.[2][6]

Gemini 1
Gemini 1.jpg
Lanzamento de Gemini 1
TipoPrototipo
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento8 de abril de 1964[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2]
Duración da misión4 horas e 50 minutos[2][6]
Obxectivo da misiónProbas con nave non tripulada.[2]
Decaemento12 de abril de 1964[1]
NSSDC ID1964-018A
Masa5170 kg[2][6]

Desenvolvemento da misiónEditar

Gemini 1 foi ideada para comprobar a integridade estrutural e compatibilidade da cápsula Gemini co seu foguete lanzador, así como o rendemento do foguete, os sistemas de control, a precisión da inserción orbital e o funcionamento dos sistemas de detección de avarías. Foi a primeira cápsula Gemini de produción en ser enviada ao espazo.[2][6]

Gemini 1 foi lanzada o 8 de abril de 1964 ás 16:00:01 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertado nunha órbita inicial de 160,5 km de perixeo e 320,6 km de apoxeo, cun período orbital de 89,3 minutos. A cápsula foi lanzada cun exceso de velocidade de 22,5 km/h sobre o previsto, o que fixo que a órbita fose 33,6 km máis alta do calculado. A cápsula permaneceu unida á segunda etapa do Titan II, tal como estaba previsto. A misión durou 4 horas e 50 minutos, tres órbitas en total, durante as cales se fixeron todas as probas necesarias, que resultaron ser un éxito. O conxunto de cápsula e foguete reentraron na atmosfera terrestre o 12 de abril, destruíndose sobre o Atlántico sur.[2][6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GEMINI 1" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (17 de abril de 2020). "Gemini 1" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  3. "Letter dated 22 December 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (64-28156). 30 de decembro de 1964: 2. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "Gemini 1 / GT-1" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gemini 1" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "Gemini 1" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar