Gaudapada

filósofo indio

Gauḍapāda (en sánscrito: गौडपाद), que floreceu no século VI,[1] tamén referido como Gauḍapādācārya ("Gauḍapāda o Mestre"),[2] foi un filósofo medieval hindú e estudoso da escola Advaita Vedanta da filosofía hindú.[3][4] Aínda que os detalles da súa biografía son incertos, as súas ideas inspiraron a outros como Adi Shankara que o chamou Paramaguru (o máis alto mestre).[2][5]

Infotaula de personaGaudapada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónAdvaita Vedanta Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
AlumnosGovinda Bhagavatpada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sánscrita Editar o valor em Wikidata

Gaudapada foi o autor ou compilador do Māṇḍukya Kārikā, tamén coñecido como Gaudapada Karika.[6] O texto consiste en catro capítulos, (tamén se di catro libros[7]), e aínda que que no capítulo catro[4] a terminoloxía é budista, doutrinalmente a obra de Gaudapada é vedanta, non budista.[3][8][9] Os primeiros tres capítulos do texto de Gaudapada influíron na tradición Advaita Vedanta. Partes do primeiro capítulo que inclúe o Mandukya Upanishad foron considerados unha fonte válida polas escolas Dvaita e Vishistadvaita da Vedanta.[4][10]

Traxectoria editar

Posiblemente era orixinario de Caxemira ou de Bengala.[11]

Aínda que non hai moito escrito sobre a súa vida, segundo unha lenda, Gaudapada era fillo de Vishnudatta e Gunavati, unha devota familia saraswat brahmán[12] en Bhupalam, preto de Vitta, e o seu nome foi Shukadatta.[13][14] Renunciou á súa vida (é dicir, aceptou a orde de saniasa) cando era moi novo e foi ao bosque nun outeiro próximo na procura da sabedoría espiritual. Máis tarde dixo que foi instruído directamente por Deus a través de nabhovani (unha voz interior) e despois viaxou ata Badarika Ashrama no Himalaia onde recibiu a sabedoría do Vedanta-sutra coas beizóns do seu escritor, o mítico Vyasa (primeiro milenio a. C.).

Notas editar

  1. Raju 1971, p. 177.
  2. 2,0 2,1 Potter 1981, p. 103.
  3. 3,0 3,1 Potter 1981, p. 105.
  4. 4,0 4,1 4,2 TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 114
  5. Sarma 2007, pp. 125-126.
  6. Nakamura 2004, p. 308.
  7. Potter 1981, pp. 106-111.
  8. TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 116
  9. Nakamura 2004, p. 311.
  10. Gaudapada Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine., Devanathan Jagannathan, University of Toronto, IEP
  11. Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 38.
  12. Kadtala M. Shrinivasa Hariappa Nayak: Rajapura saraswata brahmanara sanskrita itihasa (en kannada). Parkala.
  13. Shri Gaudapadacharya Math Guru Parampara (sucesión de mestres no templo do mestre Sri Gaudapada).
  14. Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 78.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar