Gato Silvestre

personaxe de debuxos animados
Este artigo trata sobre un personaxe de debuxos animados, para o gato montés véxase "Felis silvestris".

Silvestre (orixinalmente Thomas e, sobre todo, Sylvester na versión dos debuxos animados e historietas estadounidenses Looney Tunes) é un personaxe de caricaturas creado por Friz Freleng.

PersonalidadeEditar

Silvestre é un gato branco e negro, co nariz vermello (para que lembre ao dun pallaso). Na maioría das súas historias o seu obxectivo é apañar ao paxaro Tweety Bird (coñecido en Galiza co nome hispano Piolín). Os intentos, coma ocorre co Coiote e o Papaleguas, sempre resultan nun fracaso, e Silvestre gáñase os castigos da dona, unha simpática avoa (coñecida coma Granny. Do repertorio de frases de Tweety quedou a sonada expresión "Seica vin un lindo gatiño", xeralmente seguido dun "É certo! É certo! Si, vin un lindo gatiño!".

Noutras ocasións, Silvestre intenta cazar, tamén infrutuosamente ao rato Speedy Gonzales. Esporadicamente tense enfrontado ao canguro boxeador Hippety Hopper. Apareceu tamén con moitos outros personaxes da Looney Tunes.

Silvestre é un dos protagonistas de dous filmes gañadores de premios Oscar: Tweetie Pie (de 1947, a primeira aparición de Silvestre) e Birds Anonymous (1957).

Actores de vozEditar

Fala hispanaEditar

Varios actores encargáronse de dar vida a Silvestre en español. Pedro D' Aguillón foi o primeiro en interpretalo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar