Gary Player

golfista surafricano

Gary Player, nado en Xohanesburgo o 1 de novembro de 1935 é un golfista profesional surafricano retirado, considerado un dos mellores da historia.[1] Durante a súa carreira, Player gañou nove campionatos do tour regular e outros nove do Champions Tour.[2][3][4] Aos vinte e nove anos, Player gañou o U.S. Open de 1965, converténdose no único non estadounidense que gañou os catro grandes torneos, coñecidos como o Grand Slam. Nese momento, foi o xogador máis novo en logralo, aínda que posteriormente Jack Nicklaus (24 anos) e Tiger Woods (tamén 24) superaron a marca. Player foi só o terceiro golfista da historia que gañou o Grand Slam, despois de Ben Hogan e Gene Sarazen, e só Nicklaus e Woods o lograron despois. Player gañou 165 torneos en seis continentes durante seis décadas e foi introducido no World Golf Hall of Fame de 1974.[5]

Infotaula de personaGary Player

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing Edward VII School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngolfista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportegolf Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webGaryPlayer.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: b8e686a8-baf7-4243-b4e0-b2a57b21612f Editar o valor em Wikidata

Alcumado Black Knight, Mr. Fitness e International Ambassador of Golf,[6] Player é tamén un recoñecido deseñador de campos de golf con máis de catrocentos proxectos de deseño en cinco continentes. Escribiu o coescribiu trinta e seis libros sobre golf.

Legado editar

En 2000, Player foi votado "Deportista do século" en Suráfrica. En 1966 recibiu o premio Bob Jones, o máis alto honor outorgado pola United States Golf Association en recoñecemento da súa deportividade no golf. Foi incluíndo no World Golf Hall of Fame en 1974. A exposición "Gary Player – A Global Journey" foi lanzada polo salón da fama en marzo de 2006.

En 2000, a revista Golf Digest listouno como o oitavo mellor golfista de todos os tempos.[7]

O 10 de abril de 2009, xogou por última vez nos Masters, nos que participou un récord de 52 veces,[8] cada ano dende 1957, agás en 1973, en que estaba a recuperarse dunha cirurxía.[9] Despois de Nicklaus e Palmer, foi o último dos Big Three en retirarse deste torneo, o que supón un testemuño da súa lonxevidade.

Aos 73 anos, o 23 de xullo de 2009, Player competiu no Senior British Open Championship de Sunningdale Golf Club, 53 anos despois de lograr a súa primeira vitoria do European Tour victory en Berkshire.[10]

Augusta National Golf Club e os Masters anunciaron o 5 de xullo de 2011 que Player fora invitado a unirse a Jack Nicklaus e Arnold Palmer como iniciadores. O Big Three reuniuse para comezar o torneo de 2012.[11]

En xullo de 2013, converteuse no deportista de maior idade que posou nu no número anual "Body Issue" da revista ESPN para inspirar a xente a seguir coidándose durante a vida independentemente da súa idade.[12][13]

Deseño de campos editar

Gary Player Design executou máis de catrocentos proxectos en trinta e seis países de cinco continentes. A compañía ofrece tres empresas diferentes de deseño: Gary Player Design, Player Design e Black Knight Design.

Cando o golf foi aceptado para os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, Gary Player Design foi seleccionada entre as finalistas para o deseño en decembro de 2011.[14][15]

Notas editar

  1. Auclair, T.J. (12 de agosto de 2018). "15 Greatest Golfers of All Time". PGA of America. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. "Gary Player PGA Tour Profile". PGA Tour. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  3. "Player, Gary". World Golf Hall of Fame. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  4. "PGA Tour Champions recognizes Gary Player's Senior British Open wins as major titles". thegolfnewsnet.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  5. Kim, Jae-Ha (2 de outubro de 2013). "Go Away With Gary Player". Chicago Tribune. Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  6. "PGA Tour Media Guide – Gary Player". PGA Tour. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  7. Yocom, Guy (xullo de 2000). "50 Greatest Golfers of All Time: And What They Taught Us". Golf Digest. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 5 de decembro de 2007. 
  8. "Who Played the Most Masters Tournaments?". golf.about.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  9. "The Masters: Gary Player's 50th appearance". PGA Tour. 28 de marzo de 2007. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  10. "Gary Player takes a trip down memory lane at Sunningdale". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2019. 
  11. "Player to Join Palmer, Nicklaus as Honorary Starter at 2012 Masters". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2019. 
  12. "Golf: Gary Player nude". ESPN. 9 de xullo de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  13. "The first photos from ESPN the Magazine's 'Body Issue' are here". USA Today. 9 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  14. Whitten, Ron (13 de xullo de 2016). "How Gil Hanse Beat Nicklaus, Norman and Player for the Rio Job". Golf Digest. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  15. "Gil Hanse Wins Olympic Course Design Competition". GeoffShackelford.com. 7 de marzo de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar