Ganglios linfáticos centrais

Os ganglios linfáticos centrais ou intermedios son un conxunto de ganglios linfáticos do membro superior humano, pertencentes aos ganglios axilares. Están situados na parte máis central deste grupo, no espesor da graxa axilar. Confórmano entre tres e catro ganglios, que recollen linfa doutros grupos axilares, e envían a linfa cara aos ganglios linfáticos subclaviculares, tamén situados no grupo axilar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body. Edición de 1918 de dominio público.